A certificación galega en Competencias Dixitais acredita o nivel de competencia das persoas na utilización das tecnoloxías no ámbito persoal, social educativo e profesional de forma efectiva, segura, crítica, creativa e cívica. O uso da Tecnoloxía en Galicia experimentou un notable crecemento, especialmente na última década, grazas aos diversos programas de fomento da sociedade da información.