0 "Rifante" era un [?] que ganaba pesos que na súa bulsa gardábanse talmente como auga nunha pene¡ra. En terra o Rifante non tiña caletre ningún; en canto ponía [?] no seu barco, trocábase nun sabio. Tiña moitos [?] e moitos netos e todos a gastar a barullo porque o mar daba para todo. Ninguén lle negou o creto de bo [?] e de bo cristiano que tiña; mais ás veces parecía ter tratos co demo. Habían de larga-lo aparello outros mariñeiros e non habían de coller ren; chegaba o "Rifante" e collía unha fartura de peixe. 0 "Rifante" era farturento de seu. Estando a pique de morrer afogado ofreceuse a Nosa Señora e regaloulle un manto de seis mil reás, ademais da misa cantada, música, [?] , traxes novos e comida a fartar. 0 "Rifante" tiña fe na súa fada. Unha vez enfermouse e fixo de patrón o fillo máis vello. En canto volveu do mar, o fillo achegouse ó leito do pai e tatexando de medo contoulle que o aparello quedara trabado nunhas [?] . 0 "Rifante" dixo simplesmente: "Non teñas medo, Ramón; o mar levouno, o mar dará para outro". E despois calou e virouse cara á parede. ¡Que [?] tiña o "Rifante" no mar! Pero tanta fartura minguou de súpeto e a farne foi entrando en tódolos [?] . Tal aconteceu cando as traíñas mataron o xeito. 0 "Rifante" apareceu un día diante do rneu pai, amigo seu dende nenos e adernais conselleiro. -¿Sabes unha cousa? -dixo-. Hai fame, ¡fame!, na casa do "Rifante". Ti xa sabes que nunca pedín nada a ninguén; mais agora veño petar na túa porta para que me [?] mil reás. Quero botarlle un balcón novo á miña casa, ¿sabes?, e así a xente que vexa que ando en obra non pensará que os meus non teñen que levar á boca. Meu pai, que [?] moito mundo, aseguroulle que a farne cúrase con pan; rnais o "Rifante" púxose teso e volveu a falar.Quero ler o resto da historia Quero ler un extracto de Os arquivos do trasno de RAFAEL DIESTE