1º Bac. - Proxecto Matemáticas STEM

Descrición da materia

Esta materia optativa é unha opción atractiva para todos aqueles alumnos que estén a pensar en estudar unha carreira técnica (enxeñerías, etc...) ou matemáticas, físicas, etc...

O profesor encargado de impartila é Roberto Maneiro Catoira

Pequena descrición da  materia:

 

A metodoloxía de proxectos STEM permitiralle ao alumno aplicar as matemáticas -comprobando a súa utilidade- de forma tanxible en distintas áreas da enxeñería, e por outra banda, favorecerá o aprecio das matemáticas como elemento cultural.

 

Qué aportará un proxecto STEM

 

(1) Traballamos en equipo e aprendimos a tomar decisións conxuntas.

(2) Levamos a cabo investigacións, colaboramos e deseñamos hipótesis.

(3) Aumentamos a nosa capacidade para a resolución de problemas de maneira creativa.

(4) Melloramos o pensamento crítico individual

(5) Melloramos a nosa autoestima

(6) Impulsamos as nosas capacidades comunicativas

(7) Aprendemos mediante a experimentación en primeira persoa, mellorando con iso a retención a longo prazo dos conceptos matemáticos aprendidos

(8) Utilizamos tecnoloxías emerxentes con base matemática, minimizando a sensación de temor que ás veces producen.

(9) Disparamos a nosa imaxinación e as nosas ganas de crear cousas novas con aquilo que aprendemos.

 

Exemplo de proxecto STEM:

 

Proxecto STEM: “Sementeiro intelixente: compensando a pegada de carbono do instituto”.

·        Introdución

A “pegada de carbono” representa o impacto que ten sobre o clima o desenvolvemento dunha actividade, e por tanto, o seu cálculo é o primeiro paso ineludible para poder trazar un plan de redución medible cuantitativamente. Noutras palabras, a “pegada de carbono”, é a cantidade de emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) emitidas de forma directa, ou indirecta como consecuencia do desenvolvemento dunha actividade, medido en toneladas de CO2  equivalente. En resumo, é unha ferramenta que serve para mitigar o proceso de cambio climático.

Por outra banda, cada árbore plantada axuda a compensar o seu impacto ambiental "respirando" as emisións de CO2  a medida que medra. A plantación de árbores (sobre todo as autóctonas de folla ancha: carballos, etc…) é unha fantástica forma de axudar a “secuestrar” as emisións de carbono. A través da fotosíntesis as árbores absorben o dióxido de carbono para producir osíxeno e madeira, axudando a preservar o clima, o medio ambiente e a biodiversidade de Galicia. A nosa contribución desde o IES Puga Ramón é un proxecto piloto, optimizando a plantación de árbores autóctonas nun sementeiro intelixente, contribuindo a compensar a “pegada de carbono” do instituto (previamente calculada).

 

·        Sementeiro intelixente para árbores autóctonas

Aplicaremos as matemáticas á enxeñería electrónica, mecánica e informática: deseñando a plantación automatizada das sementes das árbores á profundidade e o espaciado correcto para permitir un crecemento óptimo e dotando de sensores que recompilarán datos sobre os niveis de luz, as condicións do chan, a rega, a calidade do aire e o clima, seguida da posterior colecta a unha Rapsberry (datalogging) e a análise dos datos  para responder ás necesidades dos cultivos. Aparte de optimizar o crecemento e minimizar os recursos (auga, enerxía, etc…), se eliminan gran parte das conxecturas do proceso de sembración e as sementes teñen unha mellor oportunidade de brotar e crecer. Deseñarase tamén rega automatizada por goteo que permite controlar cando e canta auga reciben os cultivos. Ao combinar este sistema con sensores pódense  monitorear continuamente os niveis de humidade e a saúde das plantas.

 

Debemos destacar ademáis que empregaremos software libre de deseño xeométrico 2D (Inkscape) e 3D (Blender) para deseñar as distintas pezas, para debuxar os esquemas mecánicos, e para deseñar a disposición da totalidade do sementeiro. Por outra banda, se plantexa a impresión 3D das pezas do sementeiro: goteiros, cadenetas, émbolos para plantar, diversas estructuras, etc…

 

 [Subir]    [Pechar]