Inicio > O noso centro

O noso centro

Benvidos ao IES Rafael Puga Ramón

 

Benvidos/as a un novo e diferente curso escolar 2020/2021.

Desde o centro sabemos que estades desexando ter información de como vai ser o comezo de cuso e a volta ás aulas dos vosos fillos e fillas.

 

 

Estimados pais, nais, titores legais.


Comeza un novo curso marcado pola situación sanitaria orixinada polo COVID-19 e a correspondente evolución da pandemia no día a día.


Desde este centro educativo estamos a traballar para dar aos vosos fillos e fillas unha contorna escolar segura e acorde coa normativa que se establece pola autoridades educativas e sanitarias en cada momento.

Como coñeceredes o pasado día 16 de setembro a Consellería de Educación publicou unhas novas instrucións de obrigado cumprimento para os centros educativos .Por mor de estas modificacións estamos a adecuar o noso protocolo de adaptación á situación COVID-19 e o centro a esta nova realidade.

O noso instituto ten unhas características arquitectónicas que xa coñecedes tales como: espazos limitados, unha soa porta de entrada, gran número de alumnado,etc..

Desde o centro e a Deputación de A Coruña buscáronse espazos alternativos para aumentar o numero de aulas e os espazo dispoñible.

Vistas as características do instituto e o que esixe a normativa adoptáronse as seguintes mediadas:

  • Redución de ratios nas aulas
  • Desdobramentos dos grupos (creouse un novo grupo en 2º da Eso e outro en 4º da ESO)
  • Aumentar a distancia interpersoal a 1,5 metros
  • Colocación de mamparas naqueles postos nos que nos se pode manter o 1,5 metros de distancia interpersoal. Medida provisional
  • Cursos de formación do profesorado en plataformas dixitais.
  •  Retirada de taquillas e mobiliario non imprescindible das aulas.
  • Dotación de mais profesorado para o centro.
  • Reforzo do servizo de limpeza do centro.
  • Reforzo dos materiais de limpeza e desinfección.
  • Sinalizacións de desprazamentos polo centro.
  • Redución dos desprazamentos do alumnado dentro deixando só aqueles imprescindibles.
  • Semipresencialidadde en bacharelato (o alumnado acudirá ao centro en semanas alternas, traballando telemáticamente as semanas non presencias). Medida provisional

Todas estas medidas están suxeitas a continua revisión e modificación sempre coa intención de garantir a seguridade do noso alumnado e persoal do centro, tentando dar aos vosos fillos e fillas a mellor educación posible nestes difíciles momentos.

Existe o compromiso por parte da corporación provincial de habilitar á maior brevidade posible novos espazos que permitirán poder prescindir de mamparas e reverter a semipresencialidade en Bacharelato.

Agardamos que poder levar a bon porto este curso académico tan complicado. Será necesario o esforzo e a colaboración de institución, centro, alumnos, familias.... para tentar garantir a educación e saúde de todos.