Inicio > O noso centro

O noso centro

Benvidos ao IES Rafael Puga Ramón

 

Benvidos/as a un novo e diferente curso escolar 2021/2022


 



Comeza un novo curso marcado novamente pola situación sanitaria orixinada polo COVID-19 e a correspondente evolución da pandemia no día a día.


Desde este centro educativo estamos a traballar para dar aos vosos fillos e fillas unha contorna escolar segura e acorde coa normativa que se establece pola autoridades educativas e sanitarias en cada momento.

Como coñeceredes o pasado día 1 de setembro a Consellería de Educación publicou unhas novas instrucións de obrigado cumprimento para os centros educativos .Estamos a adecuar o noso protocolo de adaptación á situación COVID-19 e o centro a esta nova realidade.

O noso instituto ten unhas características arquitectónicas que xa coñecedes tales como: espazos limitados, unha soa porta de entrada, gran número de alumnado,etc. Desde o centro e a Deputación de A Coruña buscáronse espazos alternativos para aumentar o numero de aulas e os espazo dispoñible.

Vistas as características do instituto e o que esixe a normativa adoptáronse as seguintes mediadas:

  • Redución de ratios nas aulas
  • Desdobramentos dos grupos
  • Establecer a distancia interpersoal a 1,2 metros
  • Colocación de mamparas naqueles postos nos que nos se pode manter o 1,2 metros de distancia interpersoal.
  • Cursos de formación do profesorado en plataformas dixitais.
  • Retirada de taquillas e mobiliario non imprescindible das aulas.
  • Dotación de mais profesorado para o centro.
  • Reforzo do servizo de limpeza do centro.
  • Reforzo dos materiais de limpeza e desinfección.
  • Sinalizacións de desprazamentos polo centro.
  • Redución dos desprazamentos do alumnado dentro deixando só aqueles imprescindibles.

Todas estas medidas están suxeitas a continua revisión e modificación sempre coa intención de garantir a seguridade do noso alumnado e persoal do centro, tentando dar aos vosos fillos e fillas a mellor educación posible nestes difíciles momentos.


Agardamos que poder levar a bon porto este curso académico tan complicado. Será necesario o esforzo e a colaboración de institución, centro, alumnos, familias.... para tentar garantir a educación e saúde de todos.