Inicio > O noso centro

O noso centro

Benvidos ao IES Rafael Puga Ramón

 

Benvidos/as ao curso escolar 2023/2024



Benvidos ao curso escolar 2023-2024, desde este centro educativo é moi grato saudalos xunto ao equipo de docentes, o persoal de administración o e de servizos e todos e todas aqueles que traballamos neste novo ciclo post pandemia.

Damos a benvida e saudamos especialmente aos nosos alumnos e alumnas e convidámolos a participar activamente na súa formación sendo individuos propositivos, críticos, responsables, respectuosos e con metas esixentes.

Traballaremos xuntos para lograr o obxectivo fundamental que nos move: unha educación de calidade que permita aos nosos alumnos e alumnas adquirir as ferramentas necesarias para acadar os seus soños.

Agradecemos á comunidade escolar por confiar en nós e agardamos que nos acompañen e participen nas  actividades propostas polo centro, incentivando desde a casa o traballo constante e responsable.

Saúdos afectuosos para cada un dos integrantes desta comunidade educativa e os nosos desexos de éxito.

 

 

Agardamos que poder levar a bon porto este curso académico. Será necesario o esforzo e a colaboración da institución, centro, alumnos e alumnas, familias.... para tentar garantir a educación e saúde de todos/as.