Inicio > Departamento de Música > Actividades do departamento de Música

Actividades do departamento de Música

MOZART. SERENATA NOCTURNA.

En 3º da ESO traballamos a partitura do tema principal da Serenata Nocturna de Mozart como parte do tema de EL CLASICISMO.
PLAYLIST 2023. AS CANCIÓNS QUE NOS ANIMAN.

Os recreos no noso centro están animados coas cancións escollidas polo alumnado do Departamento de Música. Parte dos traballos que os alumnos e alumnas fixeron pódense ver na entrada do instituto. Moitas gracias, especialmente a Diana Mera, de 3ºA, autora do precioso cartel. Pinchade no título para ter acceso ao enlace de YouTube.
DÍA DE ROSALÍA.

O alumnado de 3º da ESO fixo esta versión da canción de Siniestro Total, MIÑA TERRA GALEGA. A letra das estrofas son versos de Rosalía de Castro que, en coordinación co Departamento de Lingua Galega, os alumnos propuxeron para cantar. A canción foi interpretada na aula de música íntegramente polo alumnado.
RAP.

Un divertido rap creado e interpretado polo alumnado de 4º.
CAN CAN.

O alumnado de 2º fixo esta magnífica interpretación do famoso tema de Offenbach, CAN CAN.
Páxinas:  1  2 ... 4  >