Inicio > Departamento de Matemáticas > Actividades realizadas polo departamento de Matemáticas  > Xerais

Actividades realizadas polo departamento de Matemáticas

Exposición:A outra metade da ciencia

Aínda hoxe a opinión pública segue a considerar a investigación científica como propia do mundo masculino, a pesar das moitas mulleres que ocupan postos relevantes do máis alto nivel. Con esta exposición, realizada pola Unión Europea e polo Instituto da Muller, pretendemos que os alumnos coñezan a contribución das mulleres á ciencia ao longo da historia e que reflexionen sobre os grandes impedimentos que tiveron que sufrir para integrarse nas investigacións científicas como membros de pleno dereito.
Exposicións a ciencia viaxeira: Xeometría en tres dimensións e explorando coa luz

Conscientes de que as actividades lúdicas son unha forma importante de achegamento da ciencia aos rapaces, os departamentos de Matemáticas, Física e Química e Ciencias Naturais organizamos, do 24 de xaneiro ao 24 de febreiro, o mes da ciencia no instituto. Durante este tempo, ademáis de ter lugar charlas de divulgación científica para todos os niveis, leváronse a cabo varias exposicións. Pica na actividade para ver os obxectivos e a galería de fotos
A Coruña vista con ollo matemático

Con esta exposición comezamos un ciclo de achegamento das matemáticas á realidade. Pretendemos que os nosos alumnos atopen sentido aos contenidos de matemáticas que estudan cada día na aula. Nas láminas, prestadas polo IES Otero Pedrayo, pódese observar como as matemáticas forman parte da nosa vida cotiá. Observando a cidade "con ollos matemáticos" xurden conceptos matemáticos como: a perpendicularidade e paralelismo, as formas xeométricas, as gráficas, etc. Retamos aos nosos alumnos a que en vindeiros anos a exposición pódase levar a cabo coas fotografías que eles realicen e a que nos asombren coa súa observación e creatividade.
Páxinas:  <  1 ... 4  5