Inicio > Departamento de Filosofía > Actividades realizadas polo departamento de Filosofía  > Xerais

Actividades realizadas polo departamento de Filosofía

Exposición: Rostros de Mulleres

O día 10 de Decembro celébrase o Día Internacional dos Dereitos Humanos. O Departamento, coa colaboración da ONG Axuda en acción, organiza esta exposición na que a través dos rostros de 40 mulleres de distintos paises podemos reflexionar sobre os Dereitos que se están a vulnerar.
Visita á cidade de Lugo

Os Departamentos de Filosofía e Cultura Clásica organizamos unha visita á cidade de Lugo dirixida aos alumnos de Cultura Relixiosa e Cultura Clásica de 3º e 4º da ESO e aos de 1º de bacharelato. Visitamos o museo arqueolóxico acompañados por unha guía oficial e facendo especial fincapé nas exposicións de murais romanos e nos obxectos relacionados coas adoracións relixiosas (aras). De seguido fixemos un percorrido pola muralla romana durante o que escoitamos as explicacións da guía sobre a súa orixe e importancia nos primeiros séculos da era cristiá. Antes de regresar á Coruña visitamos tamén a catedral e as termas romanas. Se queredes ver a galería de fotos picade na actividade
Páxinas:  <  1 ... 3  4