Inicio > Departamento de Filosofía > Actividades realizadas polo departamento de Filosofía  > Xerais

Actividades realizadas polo departamento de Filosofía

A escola en Nicaragua

Exposición fotográfica e documental proporcionada por a ONG "Entreculturas" para achegarnos a situación da escola en Nigaragua Invitados polo departamento de Relixión
Visita a TVG

Actividade deseñada para os alumnos de 1º da ESO de Audiovisuais
CONCURSO DE IDEAS DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

¡ANÍMATE E PARTICIPA! Prema para ver as bases
Exposición Abu Grahib

Dentro dos actos de celebración do día dos dereitos humanos, os alumnos de 4º da ISO visitarán, na Casa das Artes de Vigo, unha exposición na que se reúne o traballo pictórico máis impactante e recente do artista colombiano Fernando Botero. Trátase da mostra «Abu Ghraib- O Circo» Nela, o pintor colombiano denuncia a «violencia oficial» que o Exército estadounidense empregou contra os iraquís no cárcere de Abu Ghraib e, como contraposición reflicte o mundo do circo e a súa orxía vital de cores. Os cadros recrean coas súas habituais «gorduras» plásticas moitas das imaxes emitidas e publicadas mundialmente das torturas e abusos aos presos Prema para saber máis
Exposición "Máis real que a realidade"

Os alumnos de audiovisuais de 3º da ESO visitarán proximamente a exposición ". Máis real que a realidade" de W. Eugene Smith, unha mostra na que se exhibe unha ampla selección do traballo máis destacado de quen é considerado un dos pais da reportaxe gráfica. Para completar a actividade os alumnos realizarán un obradoiro de fotografía no que, a través de exercicios prácticos, experimentarán cos principais compoñentes da imaxe fotográfica: luz, encadre e movemento. Podendo descubrir o seu propio talento fotográfico e aprender as técnicas básicas. Prema na actividade para saber máis