Inicio > Departamento de Dinamización lingüística > Actividades realizadas polo departamento de Dinamización lingüística  > Xerais

Actividades realizadas polo departamento de Dinamización lingüística

MAGOSTO-SAMAÍN 26-11-2010

Os alumnos da ESO participaron en varios xogos populares e actividades deseñadas no centro. Ademais degustaron unhas excelentes castañas preparadas de xeito tradicional.
Correlingua 2011

As carreiras pola lingua comezaron o día 2 de maio en Compostela e remataron en Ourense o 13, percorrendo 15 comarcas galegas baixo o lema ?Galego: a forza do noso amor?.
Presentación do vídeo VENTÁS AO MUNDO

Este traballo de fomento da lectura foi elaborado xuntamente co Departamento de Lingua Galega, coa colaboración do poeta Rafa Villar, da escritora Rosa Aneiros, do actor Gabriel Ríos, da actriz Isabel Risco, do reporteiro David Espiño e da cantante Silvia Penide. Nas entrevistas a estes personaxes colaboraron especialmente alumnos/as de 3º de ESO, pero tamén de 4º e de 1º durante o pasado curso 2008-9.
EXPOSICIÓN TOPONIMIA CASTELANIZADA

O Equipo de Dinamización Lingüística realizou unha exposición cun traballo de recollida de toponimia castelanizada por toda a xeografía galega, con fotos de nomes de aldeas, vilas e cidades de Galicia que a día de hoxe aínda continúan castelanizados incumprindo así o artigo da LNL que admite como única forma oficial o nome galego. Con esta exposición preténdese denunciar os moitos casos de incumprimento desta lei por parte da administración, quen ten a obriga de velar por que esta lei se cumpra.
VIDEOCONFERENCIA CO INSTITUTO DE VALVERDE DU FRESNO (CÁCERES)

O alumnado de 3º ESO levou a cabo unha videoconferencia co alumnado de 3º ESO do Instituto de Valverde du Fresno, en Cáceres, onde se fala o chapurrao, unha variante do galego. O obxectivo era dar a coñecer entre o alumnado galego a existencia desta fala, as súas orixes e a fácil intercomprensión cos galegofalantes.
Páxinas:  <  1  2  3 ... 5  >