Inicio > Departamento de Lingua Castelá e Literatura > Actividades realizadas polo departamento de Lingua Castelá e Literatura  > Actividades xerais

Actividades realizadas polo departamento de Lingua Castelá e Literatura

Charla do escritor Fernando Lalana

Os alumnos de 2º da ESO asistiron a unha charla coloquio co escritor. Durante a mesma comentaron, en especial, dous dos seus libros que leron durante este curso: "Nunca más" e "Trece perros". Ten galería de fotos
CONCURSO NACIONAL DE REDACIÓN DE COCA-COLA

Participan nesta actividade oito alumnos de 2º de ESO, seleccionados polas profesoras que imparten clase neste nivel.
ADAPTACIÓN TEATRAL DE "EL LAZARILLO"

O 9 de febreiro os alumnos de 3º ESO acudiron ao IES Cruceiro Baleares para asistiren a unha representación teatral baseada no Lazarillo de Tormes. A posta en escea correu a cargo de Regenta Teatro.
CONTACONTOS "A TROPA DE TRAPO"

A Tropa de Trapo visitou o centro o Día Mundial do Libro e ofreceunos dous espectáculos dirixidos ao alumnado de 1º de ESO e de 1º de Bacharelato.
DÍA DO LIBRO.

VIDEO DOS ALUMNOS PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO.
Páxinas:  1  2  >