Inicio > Departamento de Dinamización lingüística > Actividades realizadas polo departamento de Dinamización lingüística  > Xerais

Actividades realizadas polo departamento de Dinamización lingüística

VIDEOCONFERENCIA CO INSTITUTO DE VALVERDE DU FRESNO (CÁCERES)

O alumnado de 3º ESO levou a cabo unha videoconferencia co alumnado de 3º ESO do Instituto de Valverde du Fresno, en Cáceres, onde se fala o chapurrao, unha variante do galego. O obxectivo era dar a coñecer entre o alumnado galego a existencia desta fala, as súas orixes e a fácil intercomprensión cos galegofalantes.
ESCOLMA DE REFRÁNS POPULARES RELACIONADOS COS MESES DO ANO RECOLLIDOS POLO ALUMNADO DE 1º ESO

O departamento de Dinamización Lingüística levou a cabo unha recollida de refráns populares entre as familias do alumnado de 1º ESO cos que elaboramos un calendario do ano 2010. Presentámosvos a recompilación de todos os refráns que recollemos. Agradecemos a colaboración de todas as familias que se implicaron.
ELABORACIÓN CALENDARIO 2010

O departamento de Dinamización Lingüística levou a cabo unha recollida de refráns populares cos que elaboramos un calendario do ano 2010.
Celebración do MAGOSTO-SAMAÍN o día 13 de novembro

Co gallo da celebración do Samaín, que no Puga faremos coincidir co magosto, o departamento de Dinamización Lingüística convoca un concurso de cabazas para o alumnado de 1º e 2º da ESO. Durante a xornada actuará o contacontos Celso Sanmartín para 1º e 2º da ESO. Logo celebrarase a entrega de premios do concurso, haberá xogos populares e magosto, aberto aos demais cursos. Pincha para ver as bases da convocatoria.
EXCURSION AO ACUARIO DA CORUÑA AO CURSO GAÑADOR NO CONCURSO DE CABAZAS (DÍA DO SAMAÍN)

O grupo de 1º C que fora gañador no concurso de cabazas do Día do Samaín representando a Santa Compaña con cabazas tivo como premio unha excursión ao Acuario da Coruña e á Torre de Hércules.