Inicio > Actividades realizadas  > Xerais
Nota: para ver as actividades específicas dos departamentos, vaia á páxina do departamento correspondiente

Actividades realizadas

Antroido

O venres 1 de febreiro os alumnos de 2º de bacharelato organizaron a festa do antroido para o todo o instituto. Despois de dar as tres primeiras clases os alumnos pasaron un bo rato cos cuncursos de disfraces, concurso de baile e de dedicatorias e diversos xogos., Pica na actividade para ver a súa galería de fotos
Charla sobre prevención de accidentes de tráfico e consumo de alcool dirixida aos alumnos de 2º de bacharelato

O próximo día 1 de febreiro a policía de tráfico e a confederación galega de discapacitados dirixiran unha charla aos alumnos de 2º de bacharelato sobre os accidentes de tráfico e máis concretamente sobre a súa relación co consumo de alcool. Pica no nome da actividade para ver máis
Charla sobre doazon de órganos

Os alumnos de 2º de bacharelato recibiron unha charla sobre a importancia da donación de órganos a cargo do servizo de coordinación de transplantes do hospital Juan Canalejo. Durante a mesma un enfermo que recibiu dous trasplantes explicou a súa experiencia.
Visita á escola de agricultura ecolóxica

Os alumnos de 3º ESO PDC visitaron a Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar. Pica no nome da actividade para saber máis e ver a galería de fotos
Exposición: Rostros de Mulleres

Do 10 ao 17 de decembro no patio. 40 Fotografías nas que podemos observar a vida e os costumes de mulleres de distintos paises do terceiro mundo. A exposición está organizada polo Departamento de Filosofía, coa colaboración da ONG Axuda en Acción para celebrar O Día Internacional dos Dereitos Humanos. Se desexas ver a galería de fotos entra no departamento de Filosofía
Páxinas:  <  1 ... 64  65  66  >