Inicio > Actividades realizadas  > Xerais
Nota: para ver as actividades específicas dos departamentos, vaia á páxina do departamento correspondiente

Actividades realizadas

O IES Puga Ramón apoia a candidatura da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade

Como apoio da candidatura o luns 5 de maio os alumnos e profesores do instituto lerán un manifesto ao pé do faro e tratarán coas súas mans unidas de dar a volta arredor del nunha aperta solidaria. Entra na actividade para ver o noso manifesto e a galería de fotos
Obradoiro sobre educación sexual dirixido aos alumnos de 4º da ESO e bacharelato

Os alumnos de 4º da ESO e os de bacharelato que o desexen, participarán no Programa que desenvolve o Centro Xove de Anticoncepción e Sexualidade, financiado polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, o Plan Nacional de Sida e a Consellería de Sanidade
"Ensinando as institucións": Conferencia do fiscal D. Luís Anguita

O fiscal da Audiencia Povincial D. Luis Anguita impartiu unha conferencia-coloquio, dirixida aos alumnos de bacharelato, sobre o funcionamento da xustiza e as garantías constitucionais no noso pais. O acto foi organizado polo departamento de Filosofía
A Adolescencia e ti

Charla informativa sobre cambios físicos e emocionais na adolescencia, dirixida ao alumnado de 2º curso da ESO
Acto de recollida dos premios do proxecto CLASES SEN FUME

O venres 13 de Xuño de 2008 os alumnos de 2º C e 2º A de ESO asistiron ao acto de recollida do 2º e 3º premio respectivamente de Actividade Creativa dentro do proxecto de CLASES SEN FUME. Os alumnos de 2º C recibiron como premio a participación no Programa Multiaventura que se desenvolverá en Manzaneda entre os días 20 e 22 de Xuño. E os alumnos de 2º A foron premiados cun MP4 cada un. Noraboa a todos!
Páxinas:  <  1 ... 63  64  65 ... 69  >