Inicio Actividades realizadas
Xerais
Nota: para ver as actividades específicas dos departamentos, vaia á páxina do departamento correspondiente
Actividades realizadas
Reunión informativa pais/nais 3º ESO o vindeiro xoves 18 de xaneiro ás 18:30 h. no salón de actos.O noso centro participará a partir do curso 23/24 nun programa denominado YAM dirixido á mocidade entre 13 e 17 anos no que se debate sobre promoción da saúde mental e prevención de suicidio nas escolas
O noso centro foi seleccionado ao azar como centro control neste curso 23/24 de 3º da ESO.
Consistirá en facer na aula uns test anónimos online de forma individual, antes de comezar a intervención co YAM un ano despois.
O alumnado que participe este ano como control poderá recibir, se así o desexa, o adestramento con YAM o próximo curso 24-25 en 4º ESO. Co fin de explicarlles o programa e as posibles dúbidas que poidan ter convócaselles a unha reunión informativa o vindeiro xoves 18 de xaneiro ás 18:30 h. no salón de actos.
Queremos agradecer de antemán a colaboración de toda a comunidade educativa nesta iniciativa que pretende dar ao noso alumnado ferramentas que vaian mais aló do académico.
Un saúdo
Onde se agochou Tintín?O Departamento de Francés di que está no noso insti, pois teremos que atopalo. A buscar e sorte! Entrega solidaria a ASANOG A actividade, promovida desde o Departamento de Dinamización lingüística, consistiu na distribución dun libro infantil elaborado polas alumnas Mónica Antelo e Naiara, que elaboraron o texto e os debuxos respectivamente.