Inicio > Biblioteca > ??????

??????

 

                                         

 

            A      N O S A    B I B L I O T E C A   

           

                         ENTRA E VERÁS.....) 

 

 

 
ÍNDICE
 
INFORMACIÓN
A BIBLIOTECA É DE TODOS
SERVIZO DE PRÉSTAMO
SERVIZOS:
servizo de préstamo e consulta na sala.
USO DOS COMPUTADORES.
Clasificación Decimal Universal (CDU).
 
A  BIBLIOTECA E AS SÚAS ACTIVIDADES DE  ANIMACIÓN  Á  LECTURA
Actividades curso 2010-11
Os alumnos celebramos o  DÍA DO LIBRO  con estes carteis.
Os alumnos de 1º gozando  na Biblioteca da Deputación.
CONCURSO "A MIÑA MASCOTA": ENTREGA DE PREMIOS.
HOMENAXE A MIGUEL HERNÁNDEZ.
EXPOSICIÓN:"NA BIBLIOTECA  ATOPARÁS A Natureza,O Universo".
Entrega de premios do concurso"Logotipo da biblioteca"
Vitrinas-expositores coas últimas novidades
Doazón de libros á biblioteca: a alumna Paula Souto 
   P R O P O S T A  DE  A C T I V I D A D E S   
CURSO 2011-2012

        Biblioteca IES "Rafael Puga Ramón"
 
    SABÍAS QUE..........? 
  • ALGÚNS BIBLIOTECARIOS FAMOSOS.
  • FRASES PARA PENSAR.
  • FRASES DE CINE.
  • PREMIOS NOBEL de LITERATURA HISPANOAMERICANOS.
  • ACONTECEMENTOS LITERARIOS.
  • DÍA INTERNACIONAL DE:"Día da amizade".
  • VOCABULARIO BIBLIOTECA
  • RETRINCOS LITERARIOS 
  •  
 
 
 
 OUTRAS BIBLIOTECAS DA CIDADE
Visítanos e participa na WEB  da nosa biblioteca para seguir crecendo.

 

   

 

           I N F O R M A C I Ó N

PRETENDEMOS:

  • Facer da biblioteca un Centro de Recursos para a aprendizaxe dinámica e actualizada, integrada á unidade educativa.
  • Intervir na vida escolar de modo activo, colaborando no traballo da aula, ofrecéndolle ao docente o material útil para a súa clase.
  • Favorecer o achegamento do alumnado á biblioteca e aos libros para asegurar o seu crecemento lector, e ademais brindarlle apoio e asesoramento no manexo da información en calquera soporte ou formato,
  • Lograr que  os  usuarios  tomen conciencia sobre a importancia da biblioteca, o seu coidado e o servizo que presta, respectando e cumprindo as súas normas.
  • Posibilitar o salto cualitativo desde o saber ler, garantido por unha educación de base, cara ao querer ler, de modo libre, co apoio e compromiso da familia, o centro escolar e a biblioteca.
  • Promocionar a lectura espertando nos alumnos desexos de ler.
  • Un lugar de encontro e de comunicación que favoreza a autonomía e responsabilidade dos alumnos na súa propia aprendizaxe.
  • Un lugar que fomente a lectura como medio de lecer.

 

                A  BIBLIOTECA É DE TODOS                    

  • É necesario que a coidemos e coidemos todo o material, co fin de poder gozalo nas mellores condicións. Recosdámosche aspectos  que poden molestar a outros usuarios.
  • Respecta os prazos de préstamo.
  • Debemos gardar o maior silencio posible e evitar calquera actitude que perturbe o adecuado funcionamento dos servizos da Biblioteca, para non molestar ás persoas que están estudando ou lendo.
  • Manter en orde a Biblioteca é responsabilidade de todos así que, cando marches, deixa as cadeiras  no seu sitio, sen facer ruído, recolle a mesa, etc.
  • Mentres esteas na Biblioteca podes consultar os libros e revistas que queiras, pero cando termines tes que deixalos no seu lugar:as revistas no expositor, os xornais e os libros consultados na zona de xestión.
  • Non se pode comer nin beber.
  • Non se pode escribir nin facer marcas no material.
  • A perda ou deterioración de material suporá repor o documento, previa consulta na Biblioteca. 

SERVIZO DE PRÉSTAMO

  • De luns a venres, durante os recreos.
  • Ninguén poderá coller libros fora do horario marcado.

USUARIOS DA BIBLIOTECA

  • Poden ser usuarios da Biblioteca todos os membros da comunidade educativa.
  • Para poder realizar o servizo de préstamo e devolución, deberán presentar o carné da Biblioteca.

SERVIZO DE PRÉSTAMO E CONSULTA EN SALA

  • O sistema de préstamo proposto lévase a cabo a través dun programa informático de Bibliotecas, no que os alumnos, profesores e persoal non docente  teñen asignado un número (carné). Deste xeito contrólanse os prazos de dovolución .
  • O número máximo de exemplares que se poden sacar en préstamo é de tres por usuario.
  • O tempo de préstamo será de 15 días. O prazo só será renovable excepcionalmente. Transcorrido o prazo só cabe a devolución.

     

                            

 

 

                                             USODOSCOMPUTADORES

  • Os computadores da Biblioteca só se poden utilizar por motivos educativos.
  • Solicitarase a súa utilización ao profesor/a de garda na Biblioteca.
  • Para utilizar este servizo haberá que inscribirse na folla de uso dos computadores.
  •    O tempo de conexión máximo  por usuario é de 20 minutos ao día.
  •   Considérase falta grave á deterioración ou modificación intencionada dos parámetros de configuración do computador, do softwar instalado e a utilización dos computadores para xogos.
  • Cada computador só pode ser utilizado por unha persoa.
  •     Non está permitido comer nin beber na Biblioteca

 

 

                                                                       

 

 

Clasificación Decimal Universal (CDU). 
(Recursos Educativos) 
 
 
CDU 1  -   PENSAR, IMAXINAR / FILOSOFÍA
 
CDU 2 - RELIXIÓN
 
CDU 3  -  VIVIR XUNTOS / CIENCIAS SOCIAIS
 
CDU 4  -  BALEIRO
 
CDU 5  -  NATUREZA / CIENCIAS EXACTAS E NATURAIS
 
CDU 6  -  CURAR, FABRICAR / CIENCIAS APLICADAS,
MEDICIÑA, TÉCNICA
 
CDU 7  -  CREAR, DIVERTIRSE / ARTE, MÚSICA, XOGOS,
DEPORTES, ESPECTÁCULOS
 
CDU 8  -  LINGÜÍSTICA, FILOLOXÍA, LITERATURA PAISAXE,
PERSONAXES SOADOS 
 

 CDU 9  -  GEOGRAFÍA, BIOGRAFÍAS. HISTORIA

 

 

 

 

 

 

 

ABIBLIOTECAeASsúasACTIVIDADESdeANIMACIÓNáLECTURA

                                 

                         GALERÍADEFOTOS   

 

 

 

 Os alumnos celebramos o "DÍA DO LIBRO" con estes carteis.

                          

                                                                                      

 

Os alumnos de 1ºgozando na Biblioteca da Deputación

          

 

      

          

          

       

 

 CONCURSO "A miña mascota" : entrega de premios.

                                             

       

 

A alumna Paula Souto de 1º B da ESO doou unha enciclopedia a Biblioteca.

                

A BIBLIOTECA: "Homenaxe a Miguel Hernández".

                                         

     

    

       

              EXPOSICIÓN: "NA BIBLIOTECA ATOPARÁS A NATUREZA, O UNIVERSO"

           

                                   

                  ENTREGA DE PREMIOS: CONCURSO " LOGOTIPO DA BIBLIOTECA"

         

          VITRINAS - EXPOSITORES COAS ÚLTIMAS NOVIDADES DA BIBLIOTECA

          

 

 

                                                                                           

 

SABÍAS  QUE . . . ?

 

 

BIBLIOTECARIOSFAMOSOS

 

    En Exipto chamábaselle ás bibliotecas "O tesouro dos remedios da alma". En efecto, curábanse nelas a máis perigosa  das enfermidades, e a orixe de todas as demais.         

 

Calímaco  (320 e 303 a.C.)

                                                     

  Calímaco descendía dunha familia principal da cidade. D Cirene trasladouse a Alexandría, a cidade fundamental na súa vida. O poeta e filósofo Calímaco foi o elixido polo segundo Ptolomeo para a catalogación de todos os libros, chegando a catalogar ata medio millón de obras. Unhas, os "Volumes" presentábanse en rolos de papiro ou pergamiño; outras en follas cortadas, formando o que chamaban "Tomos". Facíanse copias a man das orixinais, edicións moi estimadas, ata máis que as orixinais, polas correccións levadas a cabo.

 

                                                       

Mao Tse-Tung (1956-1995)

                                    

  Traballou na Universidade de Pekín como bibliotecario axudante e leu, entre outros, a Bakunin e Kropotkin, ademais de tomar contacto con dous homes clave da que habería de ser revolución socialista chinesa: Li Dazhao e Chen Duxiu.

 

 

Hilda Guevara (1956-1995)

A filla mior do "Che" Guevara. Foi bibliotecaria da Casa  das Américas na Habana (Cuba).

 

 

 

                                         Stephen king (1706-1790)

  

Escritor estadounidense de gran éxito, autor de moitas novelas de xénero fantástico, sobre todo historias de terror.Ten polo menos un relato de terror bibliotecario. " Os meus libros son o equivalente literario a un Big Mac cunha gran ración de patacas" dixo nunha ocasión Stephen King. En 1969 traballou na biblioteca da Universidade de Maine.

 

                                                

 

                                      Benjamín Franklin (1706-1790)

Estadista norteamericano, pai da patria, científico, inventor, filósofo, músico, xornalista, impresor e bibliotecario.

 

 

Nadezhda Krupskaya (1869-1939) 

 

 Foi a esposa do revolucionario bolchevique Vladimir LLich Ulianov Lenin, ademais dunha recoñecida figura do Partido comunista ruso. Nacida en San Petersburgo, contraeu matrimonio co líder do partido Bolchevique en 1894, creou o sistema educativo soviético e foi a pioneira do desenvolvemento das bibliotecas rusas.

 

 

 

Johann Wolfgang von Goethe (1749-1832)

 

  Novelista, dramaturgo, poeta, humanista, científico, filósofo, bibliotecario e ministro da Corte de Weimar. Gloria Nacional da mellor colección mundial de obras de Goethe. Esta biblioteca ardeu a noite do 2 de setembro de 2004.  

 

            

 

Jorge Luis Borges (1899-1986)

 Escritor e home universal, que coas súas obras (contos, poesía e ensaio) contribuíu á expansión da lingua española e da literatura latinoamericana.

Moito se escribíu sobre el e as súas obras, basta con revisar os libros e revistas especializadas en literatura para atopar páxinas e páxinas sobre o seu traballo e as distintas interpretacións que se fixeron do seu pensamento.

É amplamente coñecida e referida a súa traxectoria como bibliotecario.

 

 

  

          FR ASES   

            PAR PENSAR  .   .   .   .

 

                               A escultura "O pensador" do francés Auguste Rodén puidose admirar nas rúas de Sevilla. 

                                                                   

 William George Ward

  •  O pesimista quéixase do vento; o optimista espera que cambie, o realista axusta as velas.                       

 

San Agustín de Hipona

  • Errar é humano. Perseverar nos erros é diabólico.

     

                              

Mahatma Gandhi

  • A xente arránxase todos os días o cabelo; por que non o corazón?.

     

Sócrates

  • É mellor sufrir unha inxustiza que cometela.

     

 

Platón

 

  • Buscando o ben dos semellantes, atoparemos o noso.

     

                                    

Louis Pasteur

  • A intervención do azar só favorece a aquelas mentes que están preparadas para facer descubrimentos por un estudo paciente e perseverante.

     

 

Suetonio

  • Apresúrate  lentamente.

     

 

Rei Salomón

  • A paciencia é, no home, o testemuño da súa sabedoría.

     

 

Miguel de Cervantes

  • Un cabaleiro avergóñase de que as súas palabras sexan mellores que os seus feitos.

     

 

Jaime Balmes

  • Un home con preguiza é un reloxo sen corda.

     

 

Confucio

  • Pregúntasme por que compro arroz e flores? Compro arroz para vivir e flores para ter algo polo que vivir.

  • Non te creas tan grande que che parezan pequenos os demais. 
     

 

 

Dalai - Lama

 

  • "O sufrimento e a felicidade non están no mundo, senón dentro de cada un de nós".

     

 

 

 Vicent Van Gogh

 

 

  • As pequenas emocións son as que guían as nosas vidas e obedecémolas sen darnos conta.

     

Siddhartha Sautama

 

  • "Ai daquel que as súas palabras son mellores que os seus actos!"

 

  

 

  • "Non hai falsidade tan insensata que non a apoie algunha testemuña". 
  • "As oportunidades son como os amenceres: se un espera demasiado, pérdeos".
      

 

 

 

 F R A S E S DE C I N E

 

 

 

  • Un bo viño é como unha boa película: dura un instante e déixache na boca un sabor a gloria; é novo en cada sorbo e, como ocorre coas películas, nace e renace en cada saboreador.

              Federico Fellini (1920-1993) Director de cine italiano.

 

 

 

 

 

  • Que é no fondo actuar senón mentir? E que é actuar ben  senón mentir ben?.

    Sir Laurence Olivier (1907-1989) Actor, director e productor británico.

 

 

 

  • É imposible facer unha boa película sen unha cámara que sexa como un ollo no corazón dun poeta.

       Orson Welles (1915-1985) Director de cine estadounidense.

 

 

 

 

 

  • Imaxínese a un home sentado no sofá favorito da súa casa. Debaixo ten unha bomba a piques de estalar. El ignórao, pero o público sábeo. Isto é o suspense.
  • O cine non é un anaco de vida senón un pedazo de pastel.

        Alfred Hitchcock (1899-1980) Director de cine británico.

 

 

 

  • A fotografía é verdade. E o cine é unha verdade 24 veces por segundo.

    Jean Luc Goddard (1930-  ) Director de cine suízo.

     

                                                                           

     

 

  • Nunca vou ver películas onde o peito do heroe é maior que o da heroína.

    Groucho Marx (1890-1977) Actor  estadounidense.

     

     

 

  • En Hollywood pódenche pagar 1000 dólares por un bico, pero só 50 centavos pola túa alma.

    Marilyn Monroe (1926-1962) Actriz  estadounidense.

 

 

 

 

  • Unha película de éxito é aquela que consegue levar a cabo unha idea orixinal.

        Woody Allen (1935-  ) Actor, director e escritor estadounidense.

 

 

 

 

  • Un actor sempre está espido na pantalla, aínda que estea vestido.

    Havey Keytel ( 1939-  ) Actor norteamericano.

 

 

 

  • O bo do cine é que durante dúas horas os problemas son doutros.

    Pedro Ruiz (1947-  ) Humorista, escritor e presentador español.

 

    

 

  • Os auténticos actores son esa raza indomable que interpreta os anhelos e pantasmas do inconsciente colectivo.

    Ana Diosdado (1939-  ) Actriz e dramaturga española.

     

 

 

    

 

 P R E M I O S    N O B E L

 

DE

 

L I T E R A T U R A    H I S P A N O A M E R I C A N O S

 

 

 

 

JOSÉ de ECHEGARAY  (1832-1916)

 

Premio Nobel de Literatura en 1904 - España

Matemático, enxeñeiro, dramaturgo e político, introduciu en España a xeometría de Charles e a teoría de Galoi. A súa obra cume foi "O gran galeoto".

 

 

JACINTO BENAVENTE (1866-1954)

  

Premio Nobel de Literatura en 1922  - ESPAÑA

Dramaturgo, director de cine e guionista. Realizou un prolífico traballo no cine,  pero a súa maior obra foi na literatura, onde se destacan: "Os interes creados",  "Señora ama" e  "A malquerida",  esta última adaptada ao cine.

 

 

GABRIELA MISTRAL (1889-1957)

 

Premio Nobel de Literatura en 1945 - CHILE

Profesora, poetisa e diplomática. Primeira muller latinoamericana en gañar un  Nobel. Soado polas súas grandes obras na literatura. Entre as súas obras máis destacadas atópanse: "Desolación", "Sonetos da morte" e "Antoloxía".

 

 

JUÁN RAMÓN JIMÉNEZ (1881-1958)

 

Premio Nobel de Literatura en 1956 - ESPAÑA

Poeta e dramaturgo, autor da soada e inmortal obra Platero y yo. Gran parte da súa vida transcorreu en Porto Rico, segunda patria como el a chamaba. Os seus máis grandes logros atopounos na poesía.

 

 

MIGUEL ÁNGEL  ASTURIAS (1899-1974)

 

Premio Nobel de Literatura en 1967 - GUATEMALA

Novelista e poeta, gañador do premio Lenin da Paz en 1965, na literatura destacou na vertente denominada realismo máxico. As súas obras máis soadas son: "O señor presidente" e a poesía "Cen de Laverca".

 

 

 

PABLO NERUDA (1904- 1973)

 

Premio Nobel de Literatura en 1971 - CHILE

Poeta de nome Neftali Reyes, pero popularmente coñecido polo seu psedónimo Pablo Neruda, considerado por moitos o máis grande poeta do século XX. Entre os seus poemas máis soados atópanse  "Canto general", "Veinte poemas de amor y una canción desesperada" e a súa publicación póstuma "Confieso que viví".

 

 

VICENTE ALEXANDRE  (1898-1984)

 

 

Premio Nobel de Literatura en 1977 - ESPAÑA

Famoso poeta pertencente á xeración do 27. A súa obra: "La destrucción o el  amor", e "Poemas de la  consumación", convertérono nun dos máis grandes poetas da época.

 

 

 

GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ  (1927-    )

 

Premio Nobel de Literatura en 1982 -   COLOMBIA

Escritor, xornalista e novelista. Un dos máis grandes da narrativa latinoamericana dos últimos tempos, destacado na vertente do realismo máxico. As súas obras máis destacadas son "Cien años de soledad ", "El amor en tiempos de cólera" e "El coronel no tiene quien le escriba".

 

 

CAMILO JOSÉ CELA  (1916- 2002 )

 

Premio Nobel de Literatura en 1989-   ESPAÑA

Novelista, xornalista, editor de revistas literarias e ensaísta. Gañador de: Premio Cervantes en 1995 e Príncipe de Asturias das Letras en 1987. Entre as súas obras máis soadas atópanse a novela "La colmena" e " San Camilo 1936".

 

 

OCTAVIO PAZ  (1914-1998)

Premio Nobel de Literatura en 1990-   MÉXICO

Escritor, poeta, ensaísta e diplomático. Un dos escritores de fala española máis importantes dos últimos tempos. Entre as súas principais obras atópanse os ensaios "El laberinto de la  soledad", "Sor Juana Inés de la Cruz" ou "Las trampas de la fe" e as obras poéticas "Salamandra" e "Vuelta".

 

 

MARIO VARGAS LLOSA (1936-    )

Premio Nobel de Literatura en 2010-  PERÚ

Novelista e ensaísta. Gañador de: Premio Cervantes de 1994 e príncipe de Asturias das Letras de 1986. Un dos principais escritores da lingua española. Entre as súas principais obras atópanse: "La ciudad y los perros", "Los cachorros", "Conversación en la catedral" e a "Casa verde".

 

 

 

 

ACONTECEMENTOS   LITERARIOS   

No IES  Rafael Puga Ramón recordamos a:

 

 

 

JORGE LUÍS  BORGES

Acaban de cumprirse 25 anos da morte deste novelista, contista e poeta. Famoso en todo o mundo pola súa obra literaria. Non  chegou a conseguir o recoñecemento do Premio Nobel, pero si foi galardonado co Cervantes de Literatura.

 

 

FEDERICO GARCÍA LORCA MORREU HAI 75 ANOS

Foi un día de agosto, a madrugada do 18 ao 19, cando o noso poeta  foi fusilado. Tiña 38 anos e estaba cheo de proxectos e enerxía, daquel espíritu que dicía, anos antes: "Síntome cheo de poesía, poesía forte, chaira, fantástica, relixiosa, mala, fonda, canalla, mística. ¡Todo, de todo! ¡Quero ser todas as cousas!.

 

 

 

 

DÍA    INTERNACIONAL     DE   

(30 de XULLO) "A MIZADE"

 

O 27 de abril de 2011, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas resolveu finalmente invitar a todos os países membros a celebrar o Día Internacional da Amizade o 30 de xullo de cada ano.

A iniciativa para o establecemento dun Día do Amigo internacionalmente recoñecido tivo un antecedente histórico chamado Cruzada  mundial da amizade que foi unha campaña en favor de dar valor e realce á Amizade entre os Seres Humanos, de forma que permita fomentar a Cultura da Paz. Foi ideada polo Doutor Ramón Artemio Bracho en Porto Pinasco, en Paraguai en 1958.

Esta idea pasou á Arxentina onde o Doutor Enrique Ernesto Febbraro, oriundo da cidade arxentina de Lomas de Zamora, partido bonaerense, que en mérito á súa iniciativa,  Lomas de Zamora, por decreto municipal, é a Capital Provincial  da  Amizade, e ademais fundouse alí tamén a Asociación Mundial para o Entendemento. Febbraro era profesor de psicoloxía, filosofía, historia, músico, odontólogo, socio fundador do Rotay Club do barrio San Cristobal e do barrio Once (cidade de Bos Aires). Cando alunizou o Apolo XI o 20 de xullo de 1969, Febbraro viu que por unha vez na vida todo o mundo estaba unido.

 

CITAS SOBREA AMIZADE:

 

  • "Os sacramentos da amizade son: simpatía,tenrura, respecto, reciprocidade, lealdade, comprensión, desinterese, solidariedade, perseveranza e alegría"
  • "Amigos só aqueles estraños seres que nos preguntan como estamos e esperan a oír a contestación".
  • "Aceptar as persoas como son e querer ata no mínimo detalle, sen esperar recompensa".
  • "O meu amigo é o meu mestre, o meu discípulo e o meu condiscípulo. Acompaña sempre: na soidade, a dor ou a alegría". (Dr Enrique Ernesto Febbraro)
  • "O único momento da vida en que me sinto eu mesmo é cando estou cos meus amigos" (Gabriel García Marquez).
  • "Que raro e marabilloso é ese fugaz instante no que nos damos conta de que descubrimos a un amigo"
  •  

 

 

 

 

 

VOCABULARIOBIBLIOTECA

 

 

Inclúense as acepcións referidas ao ámbito das bibliotecas e que se consideran de utilidade para mellorar a comunicación. De ningún xeito se consideran esgotadas as definicións dos termos que aquí se inclúen.

 

Abstract (resumo): representación breve e obxectiva da parte esencial do contido dun libro, tese, tesina, artigo de publicación periódica, traballos presentados en congresos, xornadas, etc. e que presenta os puntos máis importantes do texto na mesma orde que o orixina.

Bibliófilo: ou bibliófilo clásico, exemplarizado por Samuel Pepys. Chámase así ao amante afeccionado ás edicións orixinais e máis correctas dos libros. É  quen, ademais, sabe distinguilas e identificalas, xa sexa pola pureza da súa textura, a tipografía, a calidade do papel, a encadernación, etc.

Cálamo: é un instrumento de cana na punta, que se usa para escribir con tinta.

Cita bibliográfica: é a descrición normalizada dun documento. O formato de "a cita" debe incluír como mínimo o autor, o título e a data de publicación deste.

Copyright: dereito legal exclusivo, garantido por Lei a un autor, editor, compositor, compilador ou distribuidor, de editar, vender ou distribuír copias dunha obra literaria, artística (musical, dramática, etc.), científica ou de outro tipo. A Lei de Copyright aplícase inclusive aos dereitos dun autor  de distribuír, reproducir e realizar traballos derivados da súa obra.

Hemeroteca: é o edificio, sala, biblioteca ou páxina web onde se gardan, ordenan, conservan e clasifican diarios, revistas e outras publicacións periódicas de prensa escrita, arquivados para a súa consulta. Tamén se refire á colección ou conxunto de diarios, revistas e outras publicacións xornalísticas.

Incunables: son libros impresos desde a invención da imprenta, cuxa data se sitúa ao redor do ano 1440, ata o 31 de decembro do 1500.

Papiro: é o nome que recibe o soporte de escritura elaborado a partir dunha planta acuática, tamén denominada papiro, moi común no río Nilo, en Exipto, e nalgúns lugares da conca mediterránea, unha herba palustre da familia das ciperáceas, o Cyperus papyrus .

Papel vitela: é un tipo de pergamiño para facer as páxinas dun libro ou códice, caracterizado pola súa delgadeza e  a súa lisura. Estritamente falando, o papel vitela debería ser só feito de pel de becerro.

Pergamiño: é un material feito a partir da pel dunha res ou outros animais, especialmente fabricado para poder escribir sobre el.

 

 

 

 

 

 RETRINCOS LITERARIOS

 

 

 Retrinco (05-08-2011)

 

 

  • Velaquí o meu segredo.É moi simple: non se ve senón co corazón. O esencial é invisible aos ollos.

    Saint-Exupery (O principiño).

     

     

    Retrinco (06-08-2011)

 

  •  Déixame soltas as mans e o corazón, déixame libre!

    Neruda

 

Retrinco (07-08-2011)

 

  •  Podes empezar sen nada, desde cero, desde ningunha parte, pero xurdirá un camiño. 

    Rhonda Byrne (O segredo)

     

     

 Retrinco (09-08-2011)

  •  ". . eu hai xa moitos anos que non me deprimo polo que non podo cambiar. Creo que é mellor que a nosa actitude non dependa do que a nosa contorna "nos regala" cada día. Sempre resulta máis rendible concentrar a nosa enerxía naquilo no que podemos influír, ."

    Joan Clotet - Salvador de Tudela  (¿Quen quere a Pepe?)

     

    Retrinco ( 09-08-2011)

  •  .. .Cheirarás á montaña na primavera e poderás respirar... Ha, sorrís?; xa vexo que me cres. Bravo meu neno!  Avante contra os inimigos, ti que venciches ao tanque!"

    José Luís Sampedro (O sorriso etrusca)

     

      Retrinco  (10 - 08- 2011)              

...

                                               "E unhas veces a estrela que brila,

                                      i outras tantas un raio de sol;

                                     é que as follas das árbores caen,

                                   é  que abrochan nos campos as frors,

                                          i é o vento que zoa;

                                          i é o frío, é o calor..."

..

               Rosalía de Castro (Follas novas) 

 

 

 

 

 

 

                  P R O P O S T A     DE     A C T I V I D A D E S       

 

 

CURSO 2011-2012


                              BIBLIOTECA  do   IES “RAFAEL PUGA RAMÓN”

Actividades

Cursos

Lugar

Trimestre

Colaboran

1.  Explicar aos alumnos o  regulamento da biblioteca.

Biblioteca

            

Encargada de la biblioteca e titores dos cursos de 1º e alumnos novos no  Centro.

2.   Visita a unha biblioteca

 

 

 

Encargada da Biblioteca e titores

3.   Concurso:“ A MIÑA MASCOTA”

 

Libre

Hall

 

Pedirase a colaboración do  profesorado de Lingua.

4.   Concurso:  ”MI CALLE”

1º y 2º

Hall

 

Pedirase a colaboración do profesorado de Lingua.

5.  Continuación das conmemoracións de personaxes relacionados coa  literatura iniciada o curso anterior.

 

 HALL e Biblioteca

 

 Encargada da biblioteca e a participación libre

7.   Celebración “DÍA DO LIBRO”: Exposición:

         ”AS LIBRERÍAS MÁIS FERMOSAS       DO   MUNDO”

 

Hall

  23

Abril

 Encargada da biblioteca

8.  Os alumnos recomendan...

      Esta será unha nova sección que irá aparecendo a medida que a vós, vos apeteza    propor algún libro que, dalgún xeito, vos chamou a atención. (Deben achegarar: portada, ficha completa e pequena sinopsis).

Libre

Biblioteca.

Durante todo o curso

Poden colaborar o profesorado de Lingua

 

 

 

 

 

 

 

              

 

 

 

 

 

          OUTRAS  BIBLIOTECAS  DA  CIDADE

 

 

 

BIBLIOTECA MUNICIPAL CASTRILLÓN

Biblioteca creada para a xente do barrio, pensada como espazo de participación e convivencia.

 

Pablo Iglesias, Número s/n, 15009 A Coruña

 

981 184 390

www.aytolacoruna.es

Bcastrillon@aytolacoruna.es

 

 

BIBLIOTECA MUNICIPAL DE ESTUDOS LOCAIS

Biblioteca especializada en recoller, conservar e difundir todo tipo de información sobre A Coruña e temas xerais de Galicia.

 

Durán Loriga, Número 10, Piso 1º, 15003 A Coruña

 

981 184 386

www.aytolacoruna.es

Bestudiosl@aytolacoruna.es

 

 

BIBLIOTECA MUNICIPAL FÓRUM METROPOLITANO

Integrada no Fórum Metropolitano co que comparte servizos e actividades para unha acción máis completa nos ámbitos da  formación e o  lecer.

 

Río Monelos, Número 1, A Coruña

981 184 298

 

www.aytolacoruna.es

bforum@aytolacoruna.es

 

 

BIBLIOTECA MUNICIPAL INFANTIL E XUVENIL

Biblioteca con especial atención ás actividades de animación á  lectura como contacontos ou talleres.

 

Durán Loriga, Número 10, Piso Baixo, A Coruña

 

981 184 388

www.aytolacoruna.es

Binfantil@aytolacoruna.e

 

 

BIBLIOTECA MUNICIPAL MONTE ALTO

Todo tipo de materiais bibliotecarios, postos de consulta en Internet e ofimática, aula de formación, consolas de xogos e  un laboratorio de idiomas.

 

Vereda do Polvorín, Número 4, Piso 3, 15002 A Coruña

 

981 184 382

www.aytolacoruna.es

Bmontealto@aytolacoruna.es

 

 

BIBLIOTECA PÚBLICA DE A CORUÑA MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS

 

Miguel González Garcés, Número s/n, 15008 A Coruña 981 170 219

 

E-mail: bcp@olmo.pntic.mec.es

 

 

 

 

Casa das Ciencias, Parque de Sta. Margarita 981 189 844

 

http://www.casaciencias.org E-mail: wicho@casaciencias.org

 

 

BIBLIOTECA E HEMEROTECA DA FUNDACIÓN PAIDEIA

 

Praza María Pita, Número 17, 15001 A Coruña 981 224 102 

 

http://www.paideia.es

 

 

BIBLIOTECA E VIDEOTECA DO MUSEO ARQUEOLÓXICO E HISTÓRICO

 

Paseo Parrote, Número s/n, 15001 A Coruña 981 189 850

 

 

EUROBIBLIOTECA

 

Rúa Miguel González Garcés, Número s/n, 15008 A Coruña 981 170 219

 

E-mail: bcp@olmo.pntic.mec.es