Inicio > Proxecto Educativo

Proxecto Educativo

  

 
O IES Rafael Puga Ramón é un centro público de ensinanza media, pertencente á Deputación Provincial da Coruña, que se atopa situado nunha área de expansión da cidade, nas cercanías da estación do tren.

 

 

 
A nova legislación en materia de ensinanza esixe unha revisión dos documentos que conforman o proxecto educativo, documentos que se atopan en fase de elaboración pola Comisión de Coordinación Pedagógica e que serán dados a coñecer cando sexan aprobados polo Consello Escolar e mais o Claustro de profesores. Podemos sen embargo enunciar as grandes liñas que definen a nosa filosofía de ensinanza e que se refiren a tres aspectos fundamentais:

  • Innovación educativa
  • Novas tecnoloxías
  • Atención á diversidade
 
Unha das singularidades é o concepto global da aprendizaxe que evita limitarse ás paredes da aula. Son numerosas as actividades complementarias, programadas polos diferentes departamentos, con saídas fóra da cidade, mesmo ao estranxeiro, como é o caso do intercambio escolar, participación en concursos, asistencia a concertos, cine, teatro, etc, aproveitando ao máximo a oferta educativa do concello. Distínguenos o estreito seguimento dos rapaces e o trato directo cos alumnos e as súas familias. A atención á diversidade é un dos aspectos máis relevantes con varios programas de medidas educativas especiais en marcha, incluida a atención individualizada a cargo dun especialista en pedagoxía terapéutica.
 
O IES Puga Ramón, ademais da aula de informática, usual hoxe en todos os centros de ensinanza, conta cunha modernísima aula multimedia entre cuxas funcións está a de laboratorio de idiomas pero que permite ademais traballar de forma interactiva en todas as disciplinas. Outra das apostas en materia tecnolóxica é o Sistema de Xestión Docente, a través do cal pais e profesores poden realizar un seguimiento diario do alumnado a traves de internet.

Os cambios sociais, a globalización e a progresiva convivencia entre culturas, esixen hoxe máis que nunca unha sólida formación en valores que favoreza a integración e a participación cidadá. No noso centro concédese especial importancia ás actividades que ensinan aos alumnos a expresar ideas teniendo en conta o punto de vista dos demáis, a exercer os seus dereitos sobre a base do respecto e a responsabilidade e a desenvolver o espíritu crítico que lles permita valorar e seleccionar a gran cantidade de información á que teñen acceso, para establecer sobre ela unha base de coñecemento.

 

Documentos relacionados

Novos criterios de promoción alumnado de ESO
O Claustro de profesores do IES Rafael Puga Ramón, en sesión ordinaria celebrada o 5 de Marzo de 2008, aprobou os criterios de promoción da ESO. Estes criterios entrarán en vigor no presente curso académico para 1º e 2º da ESO e no curso 2008-2009 para 3º da ESO
Novos criterios de Titulación para obter o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria
O Claustro de profesores do IES Rafael Puga Ramón, en sesión ordinaria celebrada o 5 de marzo de 2008, aprobou os criterios de Titulación para que os alumnos de 4º da ESO poidan obter o Título de Graduado en Educación Secundaria. Estes criterios entrarán en vigor a partir do curso 2008-2009