Oferta educativaOFERTA E ORIENTACIÓN EDUCATIVA
O IES Rafael Puga Ramón é un centro público que imparte Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato.
O feito de depender da Deputación Provincial de A Coruña permite que os alumnos poidan confeccionar o seu currículo elixindo entre unha ampla oferta de itinerarios formativos.
Así mesmo facemos un enorme esforzo por implantar variadas medidas de reforzo educativo que permitan adaptar o ensino ás necesidades de todo o alumnado.
| SISTEMA EDUCATIVO | |||||
| ESO | Información básica | 1º ESO | 2º ESO | 3º ESO | 4º ESO |
| Bacharelato | Información básica | Modalidades e itinerarios | Proba de Selectividade | ||
No seguinte diagrama amósase a estrutura do Sistema Educativo Español. A oferta do IES Puga Ramón aparece marcada en cor azul:

EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA
INFORMACIÓN BÁSICA
| Finalidades da ESO | Horarios | Titorías |
| Organización do currículo da ESO | Atención á diversidade | Criterios de promoción e titulación |
| Volver ao comezo de Oferta Educativa |
- LOGRAR QUE O ALUMNADO ADQUIRA OS ELEMENTOS BÁSICOS DA CULTURA.
- DESENVOLVER E CONSOLIDAR HÁBITOS DE ESTUDO E DE TRABALLO.
- FORMALOS PARA O EXERCICIO DOS SEUS DEREITOS E OBRIGAS COMA CIDADÁNS.
- PREPARALOS PARA A SÚA INCORPORACIÓN A ESTUDOS POSTERIORES E PARA A SÚA
INCORPORACIÓN AO MUNDO LABORAL.
| Volver a Información Básica |
O horario semanal de clase é de trinta e dous horas lectivas, tanto na ESO como no Bacharelato. De 8.45 a 14.30 pólas mañás e de 16.30 a 18.10 a tarde dos luns.
O horario compleméntase nas tardes de Martes a Xoves con clases de reforzo dalgunhas materias destinadas aos alumnos con necesidades específicas.
Na xornada de mañá o alumnado ten dous recreos de 20 mn. cada un, que comezan ás 10.30 e as 12.30 respectivamente.
Os alumnos de 3º e 4º da ESO que teñan autorización paterna poden abandoar o centro neses períodos. Os alumnos de 1º e 2º da ESO non poderán abandoar o centro durante toda a xornada escolar, agás en casos excepcionais coa autorización expresa dos pais e o permiso da Xefatura de Estudos.
O horario semanal das distintas materias dos cursos da ESO é o que figura no seguinte cadro, a oferta de optativas e itinerarios atópase na sección dedicada ao curso correspondente.
| Volver a Información Básica |
Cada grupo ten un profesor titor encargado do seguimento persoal do alumno e de informar aos pais sobre a evolución académica do seu fillo.
O titor é ademais o coordinador do proceso de ensinanza dos profesores do grupo.
No seu horario persoal os titores dedican unha hora semanal á atención ás familias, outra á atención directa dos alumnos e unha terceira para as reunións de coordinación. Nas horas presenciais de titoría lévanse a cabo actividades que favorezan a madurez persoal do alumnado e contribúan á educación en valores.
No instituto existe un Gabinete de Orientación encargado de prestar atención personalizada a aqueles alumnos que precisan mellorar o seu proceso de aprendizaxe, así como de orientar aos alumnos sobre optativas, estudos superiores, saídas profesionais, etc.
No Plano de Acción Titorial, que está á vosa disposición no apartado do proxecto educativo desta páxina web, podedes atopar o regulamento completo da acción titorial no noso centro, así como a secuenciación das actividades que se fan dende a titoría en cada un dos cursos.
| Volver a Información Básica |
4.-Organización do currículo na ESO
A ESO organízase en materias que, seguindo o principio de atención a diversidade, poden ser de dous tipos:
No terceiro curso deben elixir unha optativa entre: Francés, Cultura Clasica, Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras e Cultura Gastronómica.
A verdadeira optatividade comeza en 4º da ESO, curso no que os alumnos teñen que elixir entre varios itinerarios formativos dependendo dos estudos posteriores que pensen seguir, ademáis cada alumno debe escoller dous optativas das que se ofertan no itinerario que elixiu.
| Volver a Información Básica |
Para atender ao diferente ritmo de aprendizaxe dos alumnos que cursan a Educación Secundaria Obrigatoria adóptanse medidas que afectan á organización dos grupos e, nalgúns casos, tamén ás materias de estudo ou ao currículo das mesmas.
Ademais das que leva a cabo cada profesor dentro da aula, funcionan este ano as seguintes:
| Volver a Información Básica |
6.- Criterios de promoción e titulación
PROMOCION
Os criterios de promoción aprobados polo Claustro atópanse no apartado Proxecto Educativo desta páxina WEB
TITULACIÓN
Os criterios de Titulación aprobados polo Claustro atópanse no apartado Proxecto Educativo desta páxina WEB
| Volver a Información Básica |
As materias que se cursan en primeiro da ESO e o seu horario semanal son as que figuran no seguinte cadro:
|
MATERIAS
|
1º CURSO
|
|
Ciencias da natureza
|
4
|
|
Ciencias sociais, xeografía e historia
|
3
|
|
Educación física
|
2
|
|
Educación plástica e visual
|
2
|
|
Lingua galega e literatura
|
4
|
|
Lingua castelá e literatura
|
4
|
|
Lingua estranxeira: primeira
|
3
|
|
Segunda lingua estranxeira
|
2
|
|
Matemáticas
|
4
|
|
Proxecto interdisciplinar
|
1
|
|
Relixión ou Atención Educativa
|
2
|
|
Titoría
|
1
|
|
TOTAL
|
32
|
O proxecto interdisciplinar non é unha materia máis senón un achegamento global aos distintos aspectos que interveñen na construcción do coñecemento. Con este proxecto inténtase favorecer o tránsito da Educación Primaria á Secundaria, potenciando un traballo compartido no que conflúan os esforzos e intereses de cada persoa dos equipos creados na aula. Ao final de curso o proxecto non contará cunha cualificación numérica, pero si figurará no informe de avaliación final unha avaliación cualitativa sobre o grao de desenvolvemento das competencias básicas que o alumno acadou durante a realización do mesmo. Neste instituto o proxecto que se está a realizar este ano versa sobre a multiculturalidade.
| Volver ao comezo de Oferta Educativa |
As materias que se cursan en segundo da ESO e o seu horario semanal son as que figuran no seguinte cadro
|
MATERIAS
|
2º CURSO
|
|
Ciencias da natureza
|
2
|
|
Ciencias sociais, xeografía e historia
|
3
|
|
Educación física
|
2
|
|
Educación para a cidadanía e dereitos humanos
|
2
|
|
Lingua galega e literatura
|
3
|
|
Lingua castelá e literatura
|
4
|
|
Lingua estranxeira: primeira
|
3
|
|
Segundalingua estranxeira
|
2
|
|
Matemáticas
|
4
|
|
Música
|
3
|
|
Relixión
|
1
|
|
Titoría
|
1
|
|
Tecnoloxías |
2 |
|
TOTAL
|
32
|
Neste curso funcionan agrupamentos específicos de Matemáticas e Lingua Castelá. É dicir nalgúns grupos de 2º estas materias divídense en dous grupos de distinto nivel.
Os alumnos e os seus pais deben elixir se desexan seguir ou non ensinanzas de relixión. Cada centro debe organizar o tipo de atención educativa que reciben os alumnos que non cursan relixión. No IES Rafael Puga Ramón, o Claustro de profesores decidiu impartir nesas horas un programa de achegamento aos medios audiovisuais. O traballo da aula vai encamiñado a espertar o espírito crítico a través do visionado de filmes, programas de televisión, análise de publicidade, etc.
Aínda que en 2º da ESO non hai ningunha materia optativa a Xunta de Avaliación pode decidir que os alumnos con graves problemas curriculares non cursen o francés segundo idioma. Nese caso o alumno terá dúas horas semanais de apoio, unha de matemáticas e outra de Lingua Castelá, a cargo de profesores dos devanditos Departamentos.
| Volver ao comezo de Oferta Educativa |
As materias que se cursan en terceiro da ESO e o seu horario semanal son as que figuran no seguinte cadro:
|
Materias
|
3º ESO
|
|
Bioloxía e xeoloxía
|
2
|
|
Ciencias sociais, xeografía e historia
|
3
|
|
Educación física
|
2
|
|
Educación plástica e visual
|
2
|
|
Física e Química
|
2
|
|
Lingua galega e literatura
|
3
|
|
Lingua castelá e literatura
|
3
|
|
Lingua estranxeira: primeira
|
3
|
|
Matemáticas
|
4
|
|
Música
|
2
|
|
Tecnoloxías
|
2
|
|
Optativa
|
2
|
|
Relixión / Atención Educativa
|
1
|
|
Titoría
|
1
|
|
TOTAL
|
32
|
Unha hora á semana a clase de Inglés divídese en dous grupos, con dous profesores distintos, para facer prácticas orais e ´mellorar así o aprendizaxe desa lingua
No terceiro curso a materia de Ciencias da Natureza desdóbrase en Bioloxía e Xeoloxía por un lado, e Física e Química por outro. Aínda que estas materias están a cargo de distintos profesores e avalíanse por separado, a final de curso os alumnos terán unha soa nota segundo se recolle na lei.
En terceiro ademais das materias comúns os alumnos teñen que elixir unha optativa de entre as seguintes: Cultura Clásica, Obradoiro de Iniciativas Empresariais, Cultura Gastronómica e Francés. As tres primeiras pódense cursar no 3º ou no 4º curso pero non en ambos. O francés polo contrario pódese elixir, se así se desexa, nos dous cursos.
Os centros deben organizar o tipo de atención educativa que reciben os alumnos que non cursan relixión. No noso instituto o Claustro de profesores decidiu impartir nesas horas un programa de achegamento aos medios audiovisuais. O traballo da aula vai encamiñado a espertar o espírito crítico a través do visionado de filmes, programas de televisión, análise de publicidade, etc.
| Volver ao comezo de Oferta Educativa |
As materias que se poden cursar en 4º da ESO e o seu horario semanal son as que figuran no seguinte cadro
|
CADRO HORARIO 4º ESO
|
|
|
Ciencias Sociais
|
3
|
|
Educación Ética-Cívica
|
1
|
|
Educación Física
|
2
|
|
Lingua e Literatura Galega
|
3
|
|
Lingua e Literatura Castelá
|
3
|
|
Matemáticas
|
3
|
|
Inglés
|
3
|
|
Titoría
|
1
|
|
Relixión/Atencion Educativa
|
1
|
|
Física e Química
|
3
|
|
Bioloxía
|
3
|
|
E. Plástica
|
3
|
|
Tecnoloxía
|
3
|
|
Informática
|
3
|
|
Latín
|
3
|
|
Francés
|
3
|
|
Música
|
3
|
|
Cultura Clásica
|
3
|
|
Obradoiro Iniciativas Empresariais
|
3
|
|
Total
|
32
|
Os alumnos de 4º da ESO teñen que optar entre diferentes itinerarios formativos e á súa vez, dentro deles, elixir entre as distintas optativas. A elección é fundamental xa que condiciona os seus futuros estudos.
A seguir mostranse os itinerarios aprobados polo Claustro
|
4º ESO MATERIAS COMÚNS: Ciencias Sociais, Educación Ética e Cívica, Educacón Física, Lengua e Literatura Galega, Lengua e Literatura Castelá, Inglés, Matemáticas (A ou B segundo o itinerario elexido) |
|||||
|
ITINERARIOS |
ORIENTADOS AO BACH DE CIENCIAS E TECNOLOXÍA E A ALGÚNS CICLOS FORMATIVOS DE GRADO MEDIO |
ORIENTADOS AO BACH DE HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS E A ALGÚNS CICLOS FORMATIVOS DE GRADO MEDIO |
ORIENTADO A ALGÚNS CICLOS DE GRADO MEDIO OU AO MUNDO LABORAL |
||
|
A |
B |
C |
D |
E |
|
|
OBRIGATORIAS DO ITINERARIO |
Física Bioloxía |
Física Plástica |
Latín Francés |
Latín Música |
Bioloxía Musica |
|
OPTATIVA1 (deben elixir 1) |
Francés Informática Tecnoloxía Música |
Francés Informática Tecnoloxía Musica |
Plástica Informática Musica |
Francés Informática Tecnoloxía |
Francés Informática Tecnoloxía |
|
OPTATIVA2 (deben elixir 1) |
Informática Tecnoloxía Plástica Cultura Clásica (se non a escolleron en 3º) Obradoiro Iniciativas Empresariais (se non a escolleron en 3º) |
||||
|
NOTA: Nos catro primeiros itinerarios ofértanse Matemáticas B que os preparan para facer bacharelato en calquera das súas modalidades. No itinerario E impartiranse ás Matamáticas A que teñen un caracter terminal |
|||||
O feito de que se repitan algunhas optativas nas filas correspondentes á optativa 1 e á optativa 2 permite aos alumnos ter unha oferta máis ampla. Así por exemplo, se un alumno do itinerario A desexa elixir informática e Cultura Clásica debe elixir a informática como optativa 1 pero se quixera elixir informática e francés debería escoller a informática de optativa 2.
Un dos grupos de cuarto está a seguir un programa de diversificación de dous anos.
Os centros deben organizar o tipo de atención educativa que reciben os alumnos que non cursan relixión. No noso instituto o Claustro de profesores decidiu impartir nesas horas un programa de achegamento aos medios audiovisuais. O traballo da aula vai encamiñado a espertar o espírito crítico a través do visionado de filmes, programas de televisión, análise de publicidade, etc.
Se necesitades comprobar as materias as que están asociadas os distinos graos universitarios, pinchade no icono de estudos universitarios que tedes a continuación. Se precisades información sobre a Formación Profesional, no de Ciclos Formativos.
| Ciclos Formativos (F.P.) | Estudos Universitarios | |||||
| Volver ao comezo de Oferta Educativa |
INFORMACIÓN BÁSICA
| Finalidades do Bacharelato |
Horarios | Titorías |
| Organización do currículo do Bacharelato |
Criterios de promoción e titulación | |
| Volver ao comezo de Oferta Educativa |
1.- Finalidades do Bacharelato
O bacharelato é unha etapa educativa de carácter propedéutico e terminal que forma parte da Educación Secundaria postobrigatoria e que ten como finalidades:
- Conseguir que o alumnado acade a madureza intelectual e humana, e os coñecementos e habilidades que lle permita desempeñar as súas funcións sociais e incorporarse á vida activa con responsabilidade e competencia.
- Proporcionarlle os coñecementos necesarios para o acceso á formación profesional de grao superior e aos estudios universitarios.
| Volver a Información Básica |
Na xornada de mañá o alumnado ten dous recreos de 20 mn. cada un, que comezan ás 10.30 e as 12.30 respectivamente. Os alumnos de 1º e 2º de Bacharelato poden abandoar o centro neses períodos.
No caso de que faltase algún profesor o alumnado debe permanecer na clase traballando. So no caso de que a falta se produza na última hora de clase, o profesor de garda ten a potestade de permitir que os alumnos de bacharelato que o desexen podan marchar para a súa casa.
| Volver a Información Básica |
Cada grupo ten un profesor titor encargado do seguimento persoal do alumno e de informar aos pais sobre a evolución académica do seu fillo. O titor é ademais o coordinador do proceso de ensinanza dos profesores do grupo.
Os titores teñen tamén ao seu cargo fomentar a participación do alumnado naquelas actividades encamiñadas a favorecer a súa madurez persol e en aquelas que contribúan á Educación en Valores.
No instituto existe un Gabinete de Orientación encargado de prestar atención personalizada a aqueles alumnos que precisan mellorar o seu proceso de aprendizaxe, así como de orientar aos alumnos sobre optativas, estudos superiores, saídas profesionais, etc.
No Plano de Acción Titorial, que está á vosa disposición no apartado do proxecto educativo desta páxina web, podedes atopar o regulamento completo da acción titorial no noso centro, así como a secuenciación das actividades que os titores desenrolan en cada un dos cursos.
| Volver a Información Básica |
4.- Organización do currículo do Bacharelato
O Bacharelato comprende dous cursos académicos e está organizado por modalidades que á súa vez dividense en distintos itinerarios. Esta estrutura permite que os alumnos reciban unha preparación especializada acorde cos seus intereses de formación.
A modalidade o itinerario elixido condicionan definitivamente os graos universitarios aos que poden acceder e tamén alguns ciclos formativos de grao superior.
E pois moi importante que a elección se faga de xeito razoado e coñecendo ben as saidas ás que conduce cada unh dos itinerarios.
O centro orienta pormenorizadamente aos seus alumnos e organiza así mesmo charlas para as familias antes da elección.
As modalidades que establece a lexislación son as seguintes:
No noso instituto impártense as dúas últimas cada unha delas con dous ou tres itinerarios distintos para elixir.
| Volver a Información Básica |
.
5.- Criterios de promoción e titulación
PROMOCIÓN de 1º a 2º de bacharelato
O alumnado que trala convocatoria de setembro suspenda unha ou duas materias promocionará con elas pendentes
O alumnado que en setembro suspenda tres ou máis materias deberá repetir o curso na súa totalidade.
Excepcionalmente a Xunta de Avaliación poderá decidir que un alumno que teña avaliación negativa en tres ou catro materias do primeiro curso, manteña a cualificación obtidanaquelas materias que xa foron cursadas e superadas, agás no caso de que a nota obtida ao repetir sexa superior á outorgada no curso académico anterior.
As materias de contidos progresivos precisan superar a de primeiro curso para poder ser avaliadas no segundo Hay outras materias que precisan de coñecementos previos para poder superar a de 2º, os departamentos didácticos organizarán o proceso de acreditación dos devanditos coñecementos previos.
Son materias de contidos progresivos: Lingua Galega e Literatura I e II; Lingua Castelá e Literatura I e II, Lingua Estranxeira I e II, Debuxo Técnico I e II, Matemáticas I e II , Grego I e II, Latín I e II, Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais I e II
Será preciso acreditar coñecementos previos para ser avaliado nas seguintes materias: Física e Química de 2º (precisan de Física e Química e 1º); Bioloxía e Ciencias Medioambientais de 2º (precisan de Bioloxía e Xeoloxía de 1º). Esta creditación pode obterse cursando e aprobando as materias correspondentes de 1º ou a través do procedemento que establezan os correspondente departamentos didáctios; procedemento que pode consistir na superación dunha proba ou no desnvolvemento de traballos que versarán sobre os contidos incluídos nas corespondentes materias de primeiro dos que parten as citadas materias de segundo.
TITULACIÓN
Para obter o título de bacharelato é necesario ter superadas todas as materias dos dous cursos do mesmo. Este Título é necesario para acceder á Universidade e tamén aos ciclos superiores de Formación Profesional
Os alumnos que unha vez rematada a convocatoria de setembro teñan avaliación negativa nalgunha/s materia/s poderá matricularse nela/s sen cursar de novo as materias superadas.
A nota do expediente é a media aritmética de todas as materias cursadas no bacharelato, agás a nota de relixión que non computa a estes efectos. A nota do expediente supón un 60% da nota final das Probas de Acceso á Universidade (PAUU)
As materias de bacherelato poden ser de tres tipos:
Nos seguintes cadros tedes a oferta educativa do instituto para os dous cursos do bacharelato:
Neste curso cada unha das modalidades ten dous itinerarios posibles de elección que condicionan as materias que se poderán escoller en 2º ( ver promoción).
Antes de facer a elección débese estudar con coidado os itinerarios de 2º e as materias que poden mellorar a nota de acceso á universidade, segundo o grao universitario que o alumno desexe facer. Podedes atopar máis información nos apartados referentes á proba de selectividade e aos Estudos Universitaros desta mesma páxina.
Canto as materias optativas podedes elixir unha das ofertadas para a vosa modalidade. So hay que ter en conta que algunhas das materias optativas se repiten para ampliar a oferta do alumnado. É evidente que non podedes elixir coma optativa unha que xa cursades como propia da modalidade.
Os centros deben organizar o tipo de atención educativa que reciben os alumnos que non cursan relixión. No noso instituto o Claustro de profesores decidiu que nesas horas a atención educativa estará a cargo do titor, xa que non existe no bacharelato unha hora específica de titoría na aula. O titor poderá aproveitar esa hora para facer titoría individual ou colectiva cos alumnos que non escollan relixión, sen que queden desatendidos os restantes alumnos aos que recibirá durante os recreos como era habitual ata agora.
|
2º BACHARELATO Comúns: Lingua Castelá, Lingua Galega, Inglés, Historia, Filosofía |
|||
|
Modalidade |
Ciencias da Natureza e Tecnoloxía |
Humanidades e Ciencias Sociais |
|
|
Propias modalidade |
Obrigatoria |
Matemáticas II |
Xeografía.. |
|
Escoller dúas |
Bioloxía Ciencias da Terra Debuxo Técnico II Física Química |
Economía Grego II Hª Arte Latín II Literatura Universal Mat. CCSS II |
|
|
Optativas : Escoller unha |
Francés Ética e Filosofía do Dereito Métodos Estatísticos e Numéricos Xeografía e Historia de Galicia Literatura Galega do século XX e da actualidade Filosofía da Ciencia e da Tecnoloxía Calquera materia de modalidade non escollida no cadro anterior |
||
En cada unha das modalidades o alumno debe cursar 3 materias propia de modalidade. A lexislación determina que na modalidade de Ciencias da Natureza e Tecnoloxía é obrigatorio cursar matemáticas II e na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais é obrigatorio cursar Xeografía. Así pois, os alumnos deben elixir dúas materias propias da súa modalidade de entre as que se ofertan no cadro.
Así mesmo deben escoller unha optativa entre as que se ofertan, poidendo optar por unha propia da súa modalidade se non a elixiu anteriormente.
Na elección teráse en conta que o alumno debe examinarse dunha materia popia de modalidade para aprobar a proba de acceso á universidade (fase xeral) e pode, se así o decide, examinarse doutras materias propias de modalidade para mellorar a súa nota de acceso. O alumno non pode examinarse nas PAUU de ningunha materia optativa que non sexa propia de modalidade.
Para comprender mellor estes conceptos conven que estudedes co atención o apartado referente á proba de selectividade nesta mesma páxina.
| Ciclos Formativos (F.P.) | Estudos Universitarios | |||||
| Volver ao comezo de Oferta Educativa |
A proba versará sobre os contidos das materias de 2º de bacharelato e estará estruturada en dúas fases: Fase Xeral e Fase Específica
FASE XERAL
A) Composición dun texto de carácter histórico ou filosóficoB) Análise dun texto en idioma extranxeiroC) Análise e comprensión dun texto en lingua casteláD) Análise e comprensión dun texto en lingua galegaE) Exame sobre os contidos de 2º de bacharelato duha materia propia de modalidade elixida polo alumno.
FASE ESPECÍFICA
NOTA DE INGRESO NA UNIVERSIDADE
PARA A ADMISIÓN NAS UNIVERSIDADES CUN NÚMERO LIMITADO DE PRAZAS UTILIZARASE A SEGUINTE NOTA MEDIA:
A cualificación obtida nas materias da fase específica terá validez para o acceso á universidade durante os dous cursos académicos seguintes á superación das mesmas.

Se desexas máis información sobre a proba de selectividade podes ir á páxina da Comisión Interuniversitaria de Galicia (Ir)
| Volver ao comezo de Oferta Educativa |
As ensinanzas de formación profesional capacitan para o desempeño cualificado das diversas profesiones, a especificación dos seus contidos establécese de acordo coas necesidades do mundo laboral.
Coñecer a lexislación laboral básica e os dereitos e obrigas que se derivan do traballo.
Dispor dos coñecementos e das habilidades que se precisan para traballar en condicións de seguridade.
Coñecer os mecanismos de inserción laboral.
Na actualidade existen 122 ciclos formativos organizados e 22 familias profesionais.
Se desexas ver o catálogo dos ciclos formativos, segundo a familia á que pertencen, a súa duración e os centros onde poden cursarse pincha aquí
ACESO
Para acceder de xeito directo aos ciclos de grado medio é preciso estar en posesión do Título de Graduado en Educación Secundaria e para acceder aos de grado superior do Título de Bacharelato.
Se non se ten o Título esixido pódese acceder mediante unha proba, non moi doada, sempre que se teña a idade regulamentada: 17 anos para a `proba de acceso a ciclos de grado medio e 19 para os de grado superior.
Se queres saber máis sobre a organización da formación profesional podes irá páxina da Xunta de Galicia na que se aclaran as dúbidas máis frecuentes: Ir
| Volver ao comezo de Oferta Educativa |
TITULO DE GRAO
Os plans de estudo conducentes á obtención do título de Graduado serán elaborados polas distintas universidades pero todos deberán cumprir as seguintes esixencias:
a) Artes e Humanidadesb) Cienciasc) Ciencias da Saúded) Ciencias Sociais e Xurídicase) Enxeñería e Arquitectura
2. Os plans de estudios terán un mínimo de 240 créditos dos que como mínimo 60 serán de formación básica vinculados á rama de coñecemento no que se encadre o título. Sendo o crédito unha unidade de medida equivalente, con crácter xeral, a dez horas lectivas. (Haberá excepcións con máis créditos coma mediciña ou arquitectura)
a) Artes e Humanidades (antropoloxía, arte, ética, expresión artística, filosofía, xeografía, historia, idioma moderno, lingua, lingua clásica, lingüística, literatura, socioloxía).b) Ciencias (bioloxía, física, xeoloxía, matemáticas, química).c) Ciencias da saúde (anatomía animal, anatomía humana, bioloxía, bioquímica, estatística, física, fisioloxía, psicoloxía).d) Ciencias sociais e xurídicas (antropoloxía, ciencia política, comunicación, dereito, economía, educación, empresa, estatística, xeografía, historia, psicoloxía, socioloxía).e) Enxeñería e Arquitectura (empresa, expresión gráfica, física, informática, matemáticas, química).
4. As materias propias de modalidade que son impartidas en 2º de bacharelato quedan adscritas ás mencionadas ramas de coñecemento do seguinte xeito:
a) Artes e HumanidadesDebuxo técnico II, Xeografía, Grego II. Historia da Arte. Latín II. Literatura universal.
b) Ciencias Sociais e XurídicasEconomía da empresa. Xeografía. Latín II. Literatura universal. Matemáticas aplicadas as Ciencias Sociais II.c) CienciasBioloxía. Ciencias da Terra e Medioambientais. Física. Matemáticas II. Química.d) Ciencias da SaúdeBioloxía. Ciencias da Terra e Medioambientais. Física. Matemáticas II.Química.e) Enxeñería e ArquitecturaCiencias da Terra e Medioambientais. Debuxo técnico II. Física. Matemáticas II. Química.
Os coeficientes a e b de ponderación da fase específica serán iguais a 0’1. As universidades poderán aumentar o seu valor ata 0’2 para aquelas materias que se consideren máis idóneas para seguir con éxito o Título de Grao ao que se opta. Debendo facer públicos os valores dos devanditos parámetros para as materias seleccionadas ao inicio do curso correspondente á proba.
Máster Universitario T pola Universidade U.
Consta de entre 60 e 120 créditos. Poderá acceder aquel alumnado que tiver unha titulación oficial de grao ou equivalente.
Doutor/a pola Universidade U.
Inclúe un período de formación, equivalente a un mestrado, e un período de investigación. É o máximo nivel académico.
Para finalizar, nas seguintes páxinas correspondentes aos tres campus do sistema universitario galego tes a descrición pormenorizada de cada un dos t´tulos de grao ou master que ofertan.
Titulacións da universidade de A Coruña: Ir
Titulacións da Universidade de Santiago: Ir
Titulacións da Universidade de Vigo: Ir
| Volver ao comezo de Oferta Educativa |