OFERTA E ORIENTACIÓN EDUCATIVA
O IES Rafael Puga Ramón é un centro público que imparte Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato.
O feito de depender da Deputación Provincial de A Coruña permite que os alumnos poidan confeccionar o seu currículo elixindo entre unha ampla oferta de itinerarios formativos.
Así mesmo facemos un enorme esforzo por implantar variadas medidas de reforzo educativo que permitan adaptar o ensino ás necesidades de todo o alumnado.
SISTEMA EDUCATIVO | |||||
ESO | Información básica | 1º ESO | 2º ESO | 3º ESO | 4º ESO |
Bacharelato | Información básica | Modalidades e itinerarios | Proba de ABAU |
No seguinte diagrama amósase a estrutura do Sistema Educativo Español dentro da LOMLOE
EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA
INFORMACIÓN BÁSICA
Finalidades da ESO | Horarios | Titorías |
Organización do currículo da ESO | Atención á diversidade | Criterios de promoción e titulación |
Seccións Bilingües para o curso 2022-23 |
Volver ao comezo de Oferta Educativa |
A educación secundaria obrigatoria ten por finalidade lograr que os alumnos e as alumnas adquiran os elementos básicos da cultura, nomeadamente nos seus aspectos humanístico, artístico, científico e tecnolóxico; desenvolver e consolidar neles/as hábitos de estudo e de traballo; preparalos/as para a súa incorporación a estudos posteriores e para a súa inserción laboral, e formalos/as para o exercicio dos seus dereitos e das súas obrigas na vida como cidadáns e cidadás.
Volver a Información Básica |
O horario semanal de clase é de trinta e dous horas lectivas, tanto na ESO como no Bacharelato. De 8.45 a 14.30 pólas mañás e de 16.30 a 18.10 a tarde dos luns na ESO e os martes en Bacharelato.
O horario compleméntase nas tardes de martes, mércores e xoves con clases de reforzo dalgunhas materias destinadas aos alumnos con necesidades específicas.
Na xornada de mañá o alumnado ten dous recreos de 20 min. cada un, que comezan ás 10.30 e as 12.30 respectivamente.
Os alumnos de bacharelato que teñan autorización paterna poden abandoar o centro neses períodos.
Os alumnos da ESO non poderán abandoar o centro durante toda a xornada escolar.
O horario semanal das distintas materias dos cursos da ESO, a oferta de optativas e itinerarios atópase na sección dedicada ao curso correspondente.
MATERIAS |
CURSOS |
||||
1º |
2º |
3º |
4º |
||
E. Academ |
E. Aplicad |
||||
L. Galega e Literat |
3 |
3 |
3 |
3 |
3 |
L. Castelá e Literat |
3 |
3 |
3 |
3 |
3 |
1ª L. Extranxeira |
3 |
3 |
3 |
3 |
3 |
Matemáticas (*)En 4º hai dúas diferentes |
4 |
5 |
4 |
4 |
4 |
Xeog e Hist |
3 |
3 |
3 |
3 |
3 |
Biol e Xeol |
3 |
|
2 |
3** |
|
Fís e Quími |
|
3 |
2 |
3** |
|
E. Física |
2 |
2 |
2 |
2 |
2 |
Rel/Proxecto competencial |
1 |
1 |
1 |
1 |
1 |
Titoría |
1 |
1 |
1 |
1 |
1 |
2ª L. Extranxeira (Francés) |
2 |
2 |
3* |
3* |
3* |
EPV |
2 |
|
2 |
3* |
3* |
Música |
|
2 |
2 |
3* |
3* |
Tecnoloxía e Dixitalización |
3 | ||||
Tecnoloxía |
|
3 |
|
3** |
|
C. Clásica |
|
|
3* |
3* |
3* |
Educación Dixital | 3* | ||||
Oratoria | 3* | ||||
Latín |
|
|
|
3** |
|
Economía |
|
|
|
3** |
|
Iniciación Activ. Empresar |
|
|
|
|
3** |
Iniciación Activ Profesional |
|
|
|
|
3** |
Artes escénicas e danza |
|
|
|
3* |
3* |
Cultura científica |
|
|
|
3* |
3* |
Filosofía |
|
|
|
3* |
3* |
Tecnoloxía Comun. E Informac |
|
|
|
3* |
3* |
1 materia bloque de troncais non cursada |
|
|
|
3* |
3* |
Libre configuración centro |
|
1 |
|
|
|
Afondamento de Lingua Inglesa | 1 |
|
|||
Afondamento de Língua Galega | 1 | ||||
Afondamento de Matemáticas |
1 | ||||
Afondamento de Língua Castelá |
1 | ||||
Totais |
32 |
32 |
32 |
32 |
32 |
*Específicas de opción -Elixir 1 en 3º e 2 en 4º ** Troncais de opción -Elixir 2 en 4º |
|
|
|
|
|
Volver a Información Básica |
Cada grupo ten un profesor titor encargado do seguimento persoal do alumno e de informar aos pais sobre a evolución académica do seu fillo.
O titor é ademais o coordinador do proceso de ensinanza dos profesores do grupo.
No seu horario persoal os titores dedican unha hora semanal á atención ás familias, outra á atención directa dos alumnos e unha terceira para as reunións de coordinación. Nas horas presenciais de titoría lévanse a cabo actividades que favorezan a madurez persoal do alumnado e contribúan á educación en valores.
No instituto existe un Gabinete de Orientación encargado de prestar atención personalizada a aqueles alumnos que precisan mellorar o seu proceso de aprendizaxe, así como de orientar aos alumnos sobre optativas, estudos superiores, saídas profesionais, etc.
No Plano de Acción Titorial, que está á vosa disposición no apartado do proxecto educativo desta páxina web, podedes atopar o regulamento completo da acción titorial no noso centro, así como a secuenciación das actividades que se fan dende a titoría en cada un dos cursos.
Volver a Información Básica |
4.-Organización do currículo na ESO
A educación secundaria obrigatoria é unha etapa educativa que ten carácter obrigatorio e gratuíto. Comprende catro cursos académicos que se realizarán ordinariamente entre os doce e os dezaseis anos de idade.
A LOMLOE divide os catro cursos da ESO:
1º DA ESO (LOMLOE)
No primeiro curso as alumnas e os alumnos deben cursar as seguintes materias:
a) Bioloxía e Xeoloxía.
b) Educación Física.
c) Educación Plástica, Visual e Audiovisual.
d) Lingua Castelá e Literatura.
e) Lingua Estranxeira.
f) Lingua Galega e Literatura.
g) Matemáticas.
h) Segunda Lingua Estranxeira.
i) Tecnoloxía e Dixitalización.
j) Xeografía e Historia.
Os alumnos e os seus pais deben elixir se desexan seguir ensinanzas de relixión ou de Matemáticas do día a día.
Aínda que en 1º da ESO non hai ningunha materia optativa a Xunta de Avaliación pode decidir que os alumnos con graves problemas curriculares non cursen o segundo idioma (francés). Nese caso o alumno terá dúas horas semanais de apoio, unha de matemáticas e outra de Lingua Castelá, a cargo de profesores dos devanditos Departamentos.
2º DA ESO (LOMLOE)
No segundo curso as alumnas e os alumnos deben cursar as seguintes materias:
a) Educación Física.
b) Física e Química.
c) Lingua Castelá e Literatura.
d) Lingua Estranxeira.
e) Lingua Galega e Literatura.
f) Matemáticas.
g) Música.
h) Segunda Lingua Estranxeira.
i) Tecnoloxía e Dixitalización.
j) Xeografía e Historia.
Os alumnos deben decidir entre cursar Relixión ou Valores Éticos, non hai ningunha outra materia optativa en 2º da ESO.
Como medidas de atención á diversidade funcionan neste curso as seguintes
a) A Xunta de Avaliación pode decidir que os alumnos con graves problemas curriculares non cursen o francés segundo idioma. Nese caso o alumno terá dúas horas semanais de apoio, unha de matemáticas e outra de Lingua Castelá, a cargo de profesores dos devanditos Departamentos.
b) Unha sección bilingüe na materia de matemáticas
O Claustro de profesores decidiu escoller como materia de libre configuración a Oratoria co fin de mellorar a expresión oral e escrita do alunmnado que é vital para todas as materias e para a súa vida no futuro
3º DA ESO (LOMLOE)
No terceiro curso as alumnas e os alumnos deben cursar as seguintes materias:
a) Bioloxía e Xeoloxía.
b) Educación en Valores Cívicos e Éticos.
c) Educación Física.
d) Educación Plástica, Visual e Audiovisual.
e) Física e Química.
f) Lingua Castelá e Literatura.
g) Lingua Estranxeira.
h) Lingua Galega e Literatura.
i) Matemáticas.
j) Música.
k) Xeografía e Historia.
l) Unha materia optativa de entre as seguintes:
– Cultura Clásica.
– Educación Dixital.
– Oratoria.
– Segunda Lingua Estranxeira.
4. A materia de Lingua Galega e Literatura terá un tratamento no centro análogo á de Lingua Castelá e Literatura, de xeito que se garanta, en todo caso, o obxectivo de competencia lingüística suficiente en ambas as linguas oficiais segundo o establecido no artigo 7 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario.
4º DA ESO (LOMLOE)
No cuarto curso as alumnas e os alumnos deben cursar as seguintes materias:
a) Educación Física.
b) Lingua Castelá e Literatura.
c) Lingua Estranxeira.
d) Lingua Galega e Literatura.
e) Matemáticas A ou Matemáticas B, en función da elección da alumna ou do alumno.
f) Xeografía e Historia.
g) Tres materias de opción de entre as seguintes:
– Bioloxía e Xeoloxía.
– Dixitalización.
– Economía e Emprendemento.
– Expresión Artística.
– Física e Química.
– Formación e Orientación Persoal e Profesional.
– Latín.
– Música.
– Segunda Lingua Estranxeira.
– Tecnoloxía.
h) Unha materia optativa, en función da oferta dos centros docentes, de entre as seguintes:
– Cultura Clásica, se non foi cursada no terceiro curso.
– Filosofía.
– Oratoria, se non foi cursada no terceiro curso.
– Unha materia de opción non cursada das enumeradas na letra g).
En 4º os alumnos poderán optar por unha das dúas seguintes opcións:
a) Opción de ensinanzas académicas para a iniciación ao Bacharelato
b) Opción de ensinanzas aplicadas para a iniciación á Formación Profesional
Volver a Información Básica |
Para atender ao diferente ritmo de aprendizaxe dos alumnos que cursan a Educación Secundaria Obrigatoria adóptanse medidas que afectan á organización dos grupos e, nalgúns casos, tamén ás materias de estudo ou ao currículo das mesmas.
Ademais das que leva a cabo cada profesor dentro da aula, funcionan este ano as seguintes:
Volver a Información Básica |
6.- Criterios de promoción e titulación
PROMOCION
Os criterios de promoción para os 3 primeiros cursos da ESO poden atoparse no apartado Proxecto Educativo desta páxina Web.
TITULACIÓN
Os criterios de titulación e a estrutura desa proba poden consultarse tamén no apartado Proxecto Educativo desta páxina Web
7.-Seccións Bilingües que se impartirán no curso 2023-24
1ºESO: Xeografía e Historia (1 grupo)
1ºESO: Matemáticas (1 grupo)
3º ESO: Matemáticas (1 grupo)
4º ESO: Tecnoloxía
Volver a Información Básica |
As materias que se cursan en primeiro da ESO e o seu horario semanal son as que figuran no seguinte cadro:
MATERIAS
|
1º CURSO
|
Lingua Galega e Literatura
|
3
|
Lingua Castelá e Literatura
|
3
|
Lingua Estranxra
|
3
|
Matemáticas
|
4
|
Xeografía e Historia
|
3
|
Bioloxía e Xeoloxía
|
3
|
Educación Física
|
2
|
Relixión / Matemáticas do día a día
|
1
|
Segunda Lingua Estranxeira (Francés)
|
2
|
Educación Plástica e Visual
|
2
|
Titoría
|
1
|
Tecnoloxía e Dixitalización |
3 |
Afondamento en Língua Inglesa | 1 |
Afondamento en Língua Galega | 1 |
TOTAL
|
32
|
Volver ao comezo de Oferta Educativa |
2º DA ESO
As materias que se cursan en segundo curso da ESO e o seu horario semanal son as que figuran no seguinte cadro:
MATERIAS
|
2º CURSO
|
Lingua Galega e Literatura
|
3
|
Lingua Castelá e Literatura
|
3
|
Lingua Estranxeira
|
3
|
Matemáticas
|
5
|
Xeografía e Historia
|
3
|
Física e Química
|
3
|
Educación Física
|
2
|
Relixión/Valores Éticos
|
1
|
Segunda Lingua Extranxeira
|
2
|
Música
|
3
|
Tecoloxía
|
3
|
Titoría
|
1
|
Libre configuración do centro: Oratoria |
1 |
TOTAL
|
32
|
Volver ao comezo de Oferta Educativa |
As materias que se cursan en terceiro da ESO e o seu horario semanal son as que figuran no seguinte cadro:
Materias
|
3º ESO
|
Bioloxía e xeoloxía
|
2
|
Xeografía e historia
|
3
|
Educación física
|
2
|
Educación plástica e visual
|
2
|
Física e Química
|
2
|
Lingua Galega e literatura
|
3
|
Lingua Castelá e literatura
|
3
|
Lingua estranxeira: primeira (Inglés)
|
3
|
Matemáticas
|
4
|
Música
|
2
|
Ed. en Valores Cívicos e Éticos
|
1
|
Optativa
|
3
|
Relixión / Educación para a sustentabilidade
|
1
|
Titoría
|
1
|
TOTAL
|
32
|
Volver ao comezo de Oferta Educativa |
1. Orientacións para elixir os itinerarios e optativas de 4º da ESO
2. As optativas que se escollen en 4º de ensinanzas académicas condicionan a modalidade de bacharelato e, polo tanto, os posibles estudos superiores do alumnado.
3. Antes de elixir é necesario que reflexionedes sobre ás áreas que máis vos interesan, aínda que de momento non teñades claro o grao universitario ou ciclo formativo de grao superior que queredes cursar. Tanto uns coma outros están asociados ás modalidades de bacharelato e, polo tanto, se non se cursa a modalidade adecuada será case imposible entrar no grado universitario ou ciclo formativo desexado.
4. O BACH. DE CIENCIAS E TECNOLOXÍA É NECESARIO PARA ACCEDER A CARREIRAS COMO MEDICINA, INXENIERÍAS, INFORMÁTICA, QUÍMICA, BIOLOXÍA, VETERINARIA, ARQUITECTURA, FÍSICA, MATEMÁTICAS, ENFERMERÍA, FISIOTERAPIA, ETC. E PARA OS CICLOS SUPERIORESQUE TEÑAN QUE VER COA SAÚDE, COA INDUSTRIA QUÍMICA OU FARMACEÚTICA, IMAXE E SONIDO, ACTIVIDADES MARÍTIMO PESQUEIRAS, , INDUSTRIAS ALIMENTARIAS, ETC.
O BACH. DE HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS É NECESARIO PARA ACCEDER A CARREIRAS COMO DEREITO, HISTORIA, FILOLOXÍAS, PERIODISMO, ETC. E PARA CICLOS SUPERIORES RELACIONADOS COA ADMINISTRACIÓN, XESTIÓN, COMERCIO E MARQUETING, HOSTELERÍA E TURISMO.
ALGÚNS GRADOS UNIVERSITARIOS PODEN FACERSE A PARTIR DAS DÚAS MODALIDADES DE BACHARELATO. TAL É O CASO DE MAXISTERIO, INEF, ECONÓMICAS OU EMPRESARIAIS, ETC.
ITINERARIOS PARA 4º ESO
4º ESO MODALIDADE ENSINANZAS ACADÉMICAS
(encamiñado a Bacharelato)
4º ESO MODALIDADE ENSINANZAS PROFESIONAIS
(encamiñado a Formación Profesional)
Se necesitades comprobar as materias as que están asociadas os distinos graos universitarios, pinchade no icono de estudos universitarios que tedes a continuación. Se precisades información sobre a Formación Profesional, no de Ciclos Formativos.
Ciclos Formativos (F.P.) | Estudos Universitarios |
Volver ao comezo de Oferta Educativa |
INFORMACIÓN BÁSICA
Finalidades do Bacharelato |
Horarios | Titorías |
Organización do currículo do Bacharelato |
Criterios de promoción e titulación |
Volver ao comezo de Oferta Educativa |
1.- Finalidades do Bacharelato
O bacharelato é unha etapa educativa de carácter propedéutico e terminal que forma parte da Educación Secundaria postobrigatoria e que ten como finalidades:
- Conseguir que o alumnado acade a madureza intelectual e humana, e os coñecementos e habilidades que lle permita desempeñar as súas funcións sociais e incorporarse á vida activa con responsabilidade e competencia.
- Proporcionarlle os coñecementos necesarios para o acceso á formación profesional de grao superior e aos estudios universitarios.
Volver a Información Básica |
Na xornada de mañá o alumnado ten dous recreos de 20 min. cada un, que comezan ás 10.30 e as 12.30 respectivamente. Os alumnos de 1º e 2º de Bacharelato poden abandoar o centro neses períodos.
No caso de que faltase algún profesor o alumnado debe permanecer na clase traballando. So no caso de que a falta se produza na última hora de clase, o profesor de garda ten a potestade de permitir que os alumnos de bacharelato que o desexen podan marchar para a súa casa.
Volver a Información Básica |
Cada grupo ten un profesor titor encargado do seguimento persoal do alumno e de informar aos pais sobre a evolución académica do seu fillo. O titor é ademais o coordinador do proceso de ensinanza dos profesores do grupo.
Os titores teñen tamén ao seu cargo fomentar a participación do alumnado naquelas actividades encamiñadas a favorecer a súa madurez persol e en aquelas que contribúan á Educación en Valores.
No instituto existe un Departamento de Orientación encargado de prestar atención personalizada a aqueles alumnos que precisan mellorar o seu proceso de aprendizaxe, así como de orientar aos alumnos sobre optativas, estudos superiores, saídas profesionais, etc.
No Plano de Acción Titorial, que está á vosa disposición no apartado do proxecto educativo desta páxina web, podedes atopar o regulamento completo da acción titorial no noso centro, así como a secuenciación das actividades que os titores desenrolan en cada un dos cursos.
Volver a Información Básica |
4.- Organización do currículo do Bacharelato
O Bacharelato comprende dous cursos académicos e está organizado por modalidades que á súa vez dividense en distintos itinerarios. Esta estrutura permite que os alumnos reciban unha preparación especializada acorde cos seus intereses de formación.
A modalidade o itinerario elixido condicionan definitivamente os graos universitarios aos que poden acceder e tamén alguns ciclos formativos de grao superior.
E pois moi importante que a elección se faga de xeito razoado e coñecendo ben as saidas ás que conduce cada unh dos itinerarios.
O centro orienta pormenorizadamente aos seus alumnos e organiza así mesmo charlas para as familias antes da elección.
As modalidades que establece a lexislación son as seguintes:
No noso instituto impártense as dúas últimas cada unha delas con dous ou tres itinerarios distintos para elixir.
Volver a Información Básica |
.
5.- Criterios de promoción e titulación
PROMOCIÓN de 1º a 2º de bacharelato
O alumnado que trala convocatoria extraordinaria suspenda unha ou duas materias promocionará con elas pendentes
O alumnado que suspenda tres ou máis materias deberá repetir o curso na súa totalidade.As materias de contidos progresivos precisan superar a de primeiro curso para poder ser avaliadas no segundo. Son materias con contidos progresivos todas aquelas que levan no seu nome o número I
TITULACIÓN
CURSO 2023-2024
Os alumnos de 2º que unha vez rematada a convocatoria extraordinaria non titulen (teñan avaliación negativa nalgunha/s materia/s) poderán matricularse nela/s sen cursar de novo as materias superadas.
A nota do expediente é a media aritmética de todas as materias cursadas no bacharelato. A nota do expediente supón un 60% da nota final das Probas de Acceso á Universidade (ABAU).
A permanencia máxima en bacharelato é de catro cursos académicos.
Volver a Información Básica |
As modalidades e itinerarios condicionan as materias que se poderán escoller en 2º
Antes de facer a elección débese estudar con coidado os itinerarios de 2º e as materias que poden ser máis adecuadas ao grao universitario ou título superior de F.P. que o alumno desexe facer.
ITINERARIOS 1º BACH.
1º BACHARELATO CIENCIAS
1º BACHARELATO HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS
ITINERARIOS 2º BACH
2º BACHARELATO CIENCIAS
2º BACHARELATO HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS
Ciclos Formativos (F.P.) | Estudos Universitarios |
Volver ao comezo de Oferta Educativa |
A proba versará sobre os contidos das materias de 2º de bacharelato e estará estruturada en dúas fases: Fase obrigatoria e Fase voluntaria
FASE OBRIGATORIA
FASE VOLUNTARIA
NOTA DE INGRESO NA UNIVERSIDADE
PARA A ADMISIÓN NAS UNIVERSIDADES CUN NÚMERO LIMITADO DE PRAZAS UTILIZARASE A SEGUINTE NOTA MEDIA:
A cualificación obtida nas materias da fase específica terá validez para o acceso á universidade durante os dous cursos académicos seguintes á superación das mesmas.