OFERTA E ORIENTACIÓN EDUCATIVA
O IES Rafael Puga Ramón é un centro público que imparte Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato.
O feito de depender da Deputación Provincial de A Coruña permite que os alumnos poidan confeccionar o seu currículo elixindo entre unha ampla oferta de itinerarios formativos.
Así mesmo facemos un enorme esforzo por implantar variadas medidas de reforzo educativo que permitan adaptar o ensino ás necesidades de todo o alumnado.
SISTEMA EDUCATIVO | |||||
ESO | Información básica | 1º ESO | 2º ESO | 3º ESO | 4º ESO |
Bacharelato | Información básica | Modalidades e itinerarios | Proba de ABAU |
No seguinte diagrama amósase a estrutura do Sistema Educativo Español dentro da LOMLOE
EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA
INFORMACIÓN BÁSICA
Finalidades da ESO | Horarios | Titorías |
Organización do currículo da ESO | Atención á diversidade | Criterios de promoción e titulación |
Seccións Bilingües para o curso 2022-23 |
Volver ao comezo de Oferta Educativa |
A educación secundaria obrigatoria ten por finalidade lograr que os alumnos e as alumnas adquiran os elementos básicos da cultura, nomeadamente nos seus aspectos humanístico, artístico, científico e tecnolóxico; desenvolver e consolidar neles/as hábitos de estudo e de traballo; preparalos/as para a súa incorporación a estudos posteriores e para a súa inserción laboral, e formalos/as para o exercicio dos seus dereitos e das súas obrigas na vida como cidadáns e cidadás.
Volver a Información Básica |
O horario semanal de clase é de trinta e dous horas lectivas, tanto na ESO como no Bacharelato. De 8.45 a 14.30 pólas mañás e de 16.30 a 18.10 a tarde dos luns na ESO e os martes en Bacharelato.
O horario compleméntase nas tardes de martes, mércores e xoves con clases de reforzo dalgunhas materias destinadas aos alumnos con necesidades específicas.
Na xornada de mañá o alumnado ten dous recreos de 20 min. cada un, que comezan ás 10.30 e as 12.30 respectivamente.
Os alumnos de bacharelato que teñan autorización paterna poden abandoar o centro neses períodos.
Os alumnos da ESO non poderán abandoar o centro durante toda a xornada escolar.
O horario semanal das distintas materias dos cursos da ESO, a oferta de optativas e itinerarios atópase na sección dedicada ao curso correspondente.
MATERIAS |
CURSOS |
||||
1º |
2º |
3º |
4º |
||
E. Academ |
E. Aplicad |
||||
L. Galega e Literat |
3 |
3 |
3 |
3 |
3 |
L. Castelá e Literat |
3 |
3 |
3 |
3 |
3 |
1ª L. Extranxeira |
3 |
3 |
3 |
3 |
3 |
Matemáticas (*)En 4º hai dúas diferentes |
4 |
5 |
4 |
4 |
4 |
Xeog e Hist |
3 |
3 |
3 |
3 |
3 |
Biol e Xeol |
3 |
|
2 |
3** |
|
Fís e Quími |
|
3 |
2 |
3** |
|
E. Física |
2 |
2 |
2 |
2 |
2 |
Rel/Proxecto competencial |
1 |
1 |
1 |
1 |
1 |
Titoría |
1 |
1 |
1 |
1 |
1 |
2ª L. Extranxeira (Francés) |
2 |
2 |
3* |
3* |
3* |
EPV |
2 |
|
2 |
3* |
3* |
Música |
|
2 |
2 |
3* |
3* |
Tecnoloxía e Dixitalización |
3 | ||||
Tecnoloxía |
|
3 |
|
3** |
|
C. Clásica |
|
|
3* |
3* |
3* |
Educación Dixital | 3* | ||||
Oratoria | 3* | ||||
Latín |
|
|
|
3** |
|
Economía |
|
|
|
3** |
|
Iniciación Activ. Empresar |
|
|
|
|
3** |
Iniciación Activ Profesional |
|
|
|
|
3** |
Artes escénicas e danza |
|
|
|
3* |
3* |
Cultura científica |
|
|
|
3* |
3* |
Filosofía |
|
|
|
3* |
3* |
Tecnoloxía Comun. E Informac |
|
|
|
3* |
3* |
1 materia bloque de troncais non cursada |
|
|
|
3* |
3* |
Libre configuración centro |
|
1 |
|
|
|
Afondamento de Lingua Inglesa | 1 |
|
|||
Afondamento de Língua Galega | 1 | ||||
Afondamento de Matemáticas |
1 | ||||
Afondamento de Língua Castelá |
1 | ||||
Totais |
32 |
32 |
32 |
32 |
32 |
*Específicas de opción -Elixir 1 en 3º e 2 en 4º ** Troncais de opción -Elixir 2 en 4º |
|
|
|
|
|
Volver a Información Básica |
Cada grupo ten un profesor titor encargado do seguimento persoal do alumno e de informar aos pais sobre a evolución académica do seu fillo.
O titor é ademais o coordinador do proceso de ensinanza dos profesores do grupo.
No seu horario persoal os titores dedican unha hora semanal á atención ás familias, outra á atención directa dos alumnos e unha terceira para as reunións de coordinación. Nas horas presenciais de titoría lévanse a cabo actividades que favorezan a madurez persoal do alumnado e contribúan á educación en valores.
No instituto existe un Gabinete de Orientación encargado de prestar atención personalizada a aqueles alumnos que precisan mellorar o seu proceso de aprendizaxe, así como de orientar aos alumnos sobre optativas, estudos superiores, saídas profesionais, etc.
No Plano de Acción Titorial, que está á vosa disposición no apartado do proxecto educativo desta páxina web, podedes atopar o regulamento completo da acción titorial no noso centro, así como a secuenciación das actividades que se fan dende a titoría en cada un dos cursos.
Volver a Información Básica |
4.-Organización do currículo na ESO
A educación secundaria obrigatoria é unha etapa educativa que ten carácter obrigatorio e gratuíto. Comprende catro cursos académicos que se realizarán ordinariamente entre os doce e os dezaseis anos de idade.
A LOMLOE divide os catro cursos da ESO:
1º DA ESO (LOMLOE)
No primeiro curso as alumnas e os alumnos deben cursar as seguintes materias:
a) Bioloxía e Xeoloxía.
b) Educación Física.
c) Educación Plástica, Visual e Audiovisual.
d) Lingua Castelá e Literatura.
e) Lingua Estranxeira.
f) Lingua Galega e Literatura.
g) Matemáticas.
h) Segunda Lingua Estranxeira.
i) Tecnoloxía e Dixitalización.
j) Xeografía e Historia.
Os alumnos e os seus pais deben elixir se desexan seguir ensinanzas de relixión ou de Matemáticas do día a día.
Aínda que en 1º da ESO non hai ningunha materia optativa a Xunta de Avaliación pode decidir que os alumnos con graves problemas curriculares non cursen o segundo idioma (francés). Nese caso o alumno terá dúas horas semanais de apoio, unha de matemáticas e outra de Lingua Castelá, a cargo de profesores dos devanditos Departamentos.
2º DA ESO (LOMLOE)
No segundo curso as alumnas e os alumnos deben cursar as seguintes materias:
a) Educación Física.
b) Física e Química.
c) Lingua Castelá e Literatura.
d) Lingua Estranxeira.
e) Lingua Galega e Literatura.
f) Matemáticas.
g) Música.
h) Segunda Lingua Estranxeira.
i) Tecnoloxía e Dixitalización.
j) Xeografía e Historia.
Os alumnos deben decidir entre cursar Relixión ou Valores Éticos, non hai ningunha outra materia optativa en 2º da ESO.
Como medidas de atención á diversidade funcionan neste curso as seguintes
a) A Xunta de Avaliación pode decidir que os alumnos con graves problemas curriculares non cursen o francés segundo idioma. Nese caso o alumno terá dúas horas semanais de apoio, unha de matemáticas e outra de Lingua Castelá, a cargo de profesores dos devanditos Departamentos.
b) Unha sección bilingüe na materia de matemáticas
O Claustro de profesores decidiu escoller como materia de libre configuración a Oratoria co fin de mellorar a expresión oral e escrita do alunmnado que é vital para todas as materias e para a súa vida no futuro
3º DA ESO (LOMLOE)
No terceiro curso as alumnas e os alumnos deben cursar as seguintes materias:
a) Bioloxía e Xeoloxía.
b) Educación en Valores Cívicos e Éticos.
c) Educación Física.
d) Educación Plástica, Visual e Audiovisual.
e) Física e Química.
f) Lingua Castelá e Literatura.
g) Lingua Estranxeira.
h) Lingua Galega e Literatura.
i) Matemáticas.
j) Música.
k) Xeografía e Historia.
l) Unha materia optativa de entre as seguintes:
– Cultura Clásica.
– Educación Dixital.
– Oratoria.
– Segunda Lingua Estranxeira.
4. A materia de Lingua Galega e Literatura terá un tratamento no centro análogo á de Lingua Castelá e Literatura, de xeito que se garanta, en todo caso, o obxectivo de competencia lingüística suficiente en ambas as linguas oficiais segundo o establecido no artigo 7 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario.
4º DA ESO (LOMLOE)
No cuarto curso as alumnas e os alumnos deben cursar as seguintes materias:
a) Educación Física.
b) Lingua Castelá e Literatura.
c) Lingua Estranxeira.
d) Lingua Galega e Literatura.
e) Matemáticas A ou Matemáticas B, en función da elección da alumna ou do alumno.
f) Xeografía e Historia.
g) Tres materias de opción de entre as seguintes:
– Bioloxía e Xeoloxía.
– Dixitalización.
– Economía e Emprendemento.
– Expresión Artística.
– Física e Química.
– Formación e Orientación Persoal e Profesional.
– Latín.
– Música.
– Segunda Lingua Estranxeira.
– Tecnoloxía.
h) Unha materia optativa, en función da oferta dos centros docentes, de entre as seguintes:
– Cultura Clásica, se non foi cursada no terceiro curso.
– Filosofía.
– Oratoria, se non foi cursada no terceiro curso.
– Unha materia de opción non cursada das enumeradas na letra g).
En 4º os alumnos poderán optar por unha das dúas seguintes opcións:
a) Opción de ensinanzas académicas para a iniciación ao Bacharelato
b) Opción de ensinanzas aplicadas para a iniciación á Formación Profesional
Volver a Información Básica |
Para atender ao diferente ritmo de aprendizaxe dos alumnos que cursan a Educación Secundaria Obrigatoria adóptanse medidas que afectan á organización dos grupos e, nalgúns casos, tamén ás materias de estudo ou ao currículo das mesmas.
Ademais das que leva a cabo cada profesor dentro da aula, funcionan este ano as seguintes:
Volver a Información Básica |
6.- Criterios de promoción e titulación
PROMOCION
Os criterios de promoción para os 3 primeiros cursos da ESO poden atoparse no apartado Proxecto Educativo desta páxina Web.
TITULACIÓN
Os criterios de titulación e a estrutura desa proba poden consultarse tamén no apartado Proxecto Educativo desta páxina Web
7.-Seccións Bilingües que se impartirán no curso 2023-24
1ºESO: Xeografía e Historia (1 grupo)
1ºESO: Matemáticas (1 grupo)
3º ESO: Matemáticas (1 grupo)
4º ESO: Tecnoloxía
Volver a Información Básica |
As materias que se cursan en primeiro da ESO e o seu horario semanal son as que figuran no seguinte cadro:
MATERIAS
|
1º CURSO
|
Lingua Galega e Literatura
|
3
|
Lingua Castelá e Literatura
|
3
|
Lingua Estranxra
|
3
|
Matemáticas
|
4
|
Xeografía e Historia
|
3
|
Bioloxía e Xeoloxía
|
3
|
Educación Física
|
2
|
Relixión / Matemáticas do día a día
|
1
|
Segunda Lingua Estranxeira (Francés)
|
2
|
Educación Plástica e Visual
|
2
|
Titoría
|
1
|
Tecnoloxía e Dixitalización |
3 |
Afondamento en Língua Inglesa | 1 |
Afondamento en Língua Galega | 1 |
TOTAL
|
32
|
Volver ao comezo de Oferta Educativa |
2º DA ESO
As materias que se cursan en segundo curso da ESO e o seu horario semanal son as que figuran no seguinte cadro:
MATERIAS
|
2º CURSO
|
Lingua Galega e Literatura
|
3
|
Lingua Castelá e Literatura
|
3
|
Lingua Estranxeira
|
3
|
Matemáticas
|
5
|
Xeografía e Historia
|
3
|
Física e Química
|
3
|
Educación Física
|
2
|
Relixión/Valores Éticos
|
1
|
Segunda Lingua Extranxeira
|
2
|
Música
|
3
|
Tecoloxía
|
3
|
Titoría
|
1
|
Libre configuración do centro: Oratoria |
1 |
TOTAL
|
32
|
Volver ao comezo de Oferta Educativa |
As materias que se cursan en terceiro da ESO e o seu horario semanal son as que figuran no seguinte cadro:
Materias
|
3º ESO
|
Bioloxía e xeoloxía
|
2
|
Xeografía e historia
|
3
|
Educación física
|
2
|
Educación plástica e visual
|
2
|
Física e Química
|
2
|
Lingua Galega e literatura
|
3
|
Lingua Castelá e literatura
|
3
|
Lingua estranxeira: primeira (Inglés)
|
3
|
Matemáticas
|
4
|
Música
|
2
|
Ed. en Valores Cívicos e Éticos
|
1
|
Optativa
|
3
|
Relixión / Educación para a sustentabilidade
|
1
|
Titoría
|
1
|
TOTAL
|
32
|
Volver ao comezo de Oferta Educativa |
1. Orientacións para elixir os itinerarios e optativas de 4º da ESO
2. As optativas que se escollen en 4º de ensinanzas académicas condicionan a modalidade de bacharelato e, polo tanto, os posibles estudos superiores do alumnado.
3. Antes de elixir é necesario que reflexionedes sobre ás áreas que máis vos interesan, aínda que de momento non teñades claro o grao universitario ou ciclo formativo de grao superior que queredes cursar. Tanto uns coma outros están asociados ás modalidades de bacharelato e, polo tanto, se non se cursa a modalidade adecuada será case imposible entrar no grado universitario ou ciclo formativo desexado.
4. O BACH. DE CIENCIAS E TECNOLOXÍA É NECESARIO PARA ACCEDER A CARREIRAS COMO MEDICINA, INXENIERÍAS, INFORMÁTICA, QUÍMICA, BIOLOXÍA, VETERINARIA, ARQUITECTURA, FÍSICA, MATEMÁTICAS, ENFERMERÍA, FISIOTERAPIA, ETC. E PARA OS CICLOS SUPERIORESQUE TEÑAN QUE VER COA SAÚDE, COA INDUSTRIA QUÍMICA OU FARMACEÚTICA, IMAXE E SONIDO, ACTIVIDADES MARÍTIMO PESQUEIRAS, , INDUSTRIAS ALIMENTARIAS, ETC.
O BACH. DE HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS É NECESARIO PARA ACCEDER A CARREIRAS COMO DEREITO, HISTORIA, FILOLOXÍAS, PERIODISMO, ETC. E PARA CICLOS SUPERIORES RELACIONADOS COA ADMINISTRACIÓN, XESTIÓN, COMERCIO E MARQUETING, HOSTELERÍA E TURISMO.
ALGÚNS GRADOS UNIVERSITARIOS PODEN FACERSE A PARTIR DAS DÚAS MODALIDADES DE BACHARELATO. TAL É O CASO DE MAXISTERIO, INEF, ECONÓMICAS OU EMPRESARIAIS, ETC.
ITINERARIOS PARA 4º ESO
4º ESO MODALIDADE ENSINANZAS ACADÉMICAS
(encamiñado a Bacharelato)
4º ESO MODALIDADE ENSINANZAS PROFESIONAIS
(encamiñado a Formación Profesional)
Se necesitades comprobar as materias as que están asociadas os distinos graos universitarios, pinchade no icono de estudos universitarios que tedes a continuación. Se precisades información sobre a Formación Profesional, no de Ciclos Formativos.
Ciclos Formativos (F.P.) | Estudos Universitarios |
Volver ao comezo de Oferta Educativa |
INFORMACIÓN BÁSICA
Finalidades do Bacharelato |
Horarios | Titorías |
Organización do currículo do Bacharelato |
Criterios de promoción e titulación |
Volver ao comezo de Oferta Educativa |
1.- Finalidades do Bacharelato
O bacharelato é unha etapa educativa de carácter propedéutico e terminal que forma parte da Educación Secundaria postobrigatoria e que ten como finalidades:
- Conseguir que o alumnado acade a madureza intelectual e humana, e os coñecementos e habilidades que lle permita desempeñar as súas funcións sociais e incorporarse á vida activa con responsabilidade e competencia.
- Proporcionarlle os coñecementos necesarios para o acceso á formación profesional de grao superior e aos estudios universitarios.
Volver a Información Básica |
Na xornada de mañá o alumnado ten dous recreos de 20 min. cada un, que comezan ás 10.30 e as 12.30 respectivamente. Os alumnos de 1º e 2º de Bacharelato poden abandoar o centro neses períodos.
No caso de que faltase algún profesor o alumnado debe permanecer na clase traballando. So no caso de que a falta se produza na última hora de clase, o profesor de garda ten a potestade de permitir que os alumnos de bacharelato que o desexen podan marchar para a súa casa.
Volver a Información Básica |
Cada grupo ten un profesor titor encargado do seguimento persoal do alumno e de informar aos pais sobre a evolución académica do seu fillo. O titor é ademais o coordinador do proceso de ensinanza dos profesores do grupo.
Os titores teñen tamén ao seu cargo fomentar a participación do alumnado naquelas actividades encamiñadas a favorecer a súa madurez persol e en aquelas que contribúan á Educación en Valores.
No instituto existe un Departamento de Orientación encargado de prestar atención personalizada a aqueles alumnos que precisan mellorar o seu proceso de aprendizaxe, así como de orientar aos alumnos sobre optativas, estudos superiores, saídas profesionais, etc.
No Plano de Acción Titorial, que está á vosa disposición no apartado do proxecto educativo desta páxina web, podedes atopar o regulamento completo da acción titorial no noso centro, así como a secuenciación das actividades que os titores desenrolan en cada un dos cursos.
Volver a Información Básica |
4.- Organización do currículo do Bacharelato
O Bacharelato comprende dous cursos académicos e está organizado por modalidades que á súa vez dividense en distintos itinerarios. Esta estrutura permite que os alumnos reciban unha preparación especializada acorde cos seus intereses de formación.
A modalidade o itinerario elixido condicionan definitivamente os graos universitarios aos que poden acceder e tamén alguns ciclos formativos de grao superior.
E pois moi importante que a elección se faga de xeito razoado e coñecendo ben as saidas ás que conduce cada unh dos itinerarios.
O centro orienta pormenorizadamente aos seus alumnos e organiza así mesmo charlas para as familias antes da elección.
As modalidades que establece a lexislación son as seguintes:
No noso instituto impártense as dúas últimas cada unha delas con dous ou tres itinerarios distintos para elixir.
Volver a Información Básica |
.
5.- Criterios de promoción e titulación
PROMOCIÓN de 1º a 2º de bacharelato
O alumnado que trala convocatoria extraordinaria suspenda unha ou duas materias promocionará con elas pendentes
O alumnado que suspenda tres ou máis materias deberá repetir o curso na súa totalidade.As materias de contidos progresivos precisan superar a de primeiro curso para poder ser avaliadas no segundo. Son materias con contidos progresivos todas aquelas que levan no seu nome o número I
TITULACIÓN
CURSO 2023-2024
Os alumnos de 2º que unha vez rematada a convocatoria extraordinaria non titulen (teñan avaliación negativa nalgunha/s materia/s) poderán matricularse nela/s sen cursar de novo as materias superadas.
A nota do expediente é a media aritmética de todas as materias cursadas no bacharelato. A nota do expediente supón un 60% da nota final das Probas de Acceso á Universidade (ABAU).
A permanencia máxima en bacharelato é de catro cursos académicos.
Volver a Información Básica |
As modalidades e itinerarios condicionan as materias que se poderán escoller en 2º
Antes de facer a elección débese estudar con coidado os itinerarios de 2º e as materias que poden ser máis adecuadas ao grao universitario ou título superior de F.P. que o alumno desexe facer.
ITINERARIOS 1º BACH.
1º BACHARELATO CIENCIAS
1º BACHARELATO HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS
ITINERARIOS 2º BACH
2º BACHARELATO CIENCIAS
2º BACHARELATO HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS
Ciclos Formativos (F.P.) | Estudos Universitarios |
Volver ao comezo de Oferta Educativa |
A proba versará sobre os contidos das materias de 2º de bacharelato e estará estruturada en dúas fases: Fase obrigatoria e Fase voluntaria
FASE OBRIGATORIA
FASE VOLUNTARIA
NOTA DE INGRESO NA UNIVERSIDADE
PARA A ADMISIÓN NAS UNIVERSIDADES CUN NÚMERO LIMITADO DE PRAZAS UTILIZARASE A SEGUINTE NOTA MEDIA:
A cualificación obtida nas materias da fase específica terá validez para o acceso á universidade durante os dous cursos académicos seguintes á superación das mesmas.
Se desexas máis información sobre a proba de selectividade podes ir á páxina da Comisión Interuniversitaria de Galicia (Ir)
Volver ao comezo de Oferta Educativa |
As ensinanzas de formación profesional capacitan para o desempeño cualificado das diversas profesiones, a especificación dos seus contidos establécese de acordo coas necesidades do mundo laboral.
Coñecer a lexislación laboral básica e os dereitos e obrigas que se derivan do traballo.
Dispor dos coñecementos e das habilidades que se precisan para traballar en condicións de seguridade.
Coñecer os mecanismos de inserción laboral.
NIVEIS
A formación profesional divídese en básica, media e superior. Existen 26 familias profesionais cada unha das cales se divide en diferentes ciclos formativos. Na actualidade existen máis de 122 ciclos formativos distintos
BASICA
Acceso: Para poder acceder a estes estudos o alumnado deberá cumprir todos os requisitos seguintes:
1. Contar cun Consello Orientador do equipo docente que valore esta opción como a máis adecuada.
2. Ter quince anos, ou cumprilos durante o ano natural en que se inicia a FPB e non superar os dezasete anos de idade no momento do acceso, ou durante o ano natural
3. Realizar o primeiro ciclo de ESO (cursos primeiro, segundo e terceiro) ou, excepcionalmente, cursar o segundo curso da ESO.
4. Ter o permiso dos seus pais ou titores legais
Titulación
Ao finalizar a formación pode obterse o Título Profesional Básico que dá acceso directo aos ciclos formativos de grao medio e ten, a efectos laborais, a mesma consideración que o título de graduado en ESO para o acceso a empregos públicos ou privados.
FP GRAO MEDIO
Acceso: Para poder acceder a estes estudos o alumnado deberá cumprir algún dos seguintes requisitos:
· Ter o título de graduado en ESO (GESO) unha vez superada a proba de avaliación final pola opción de ensinos aplicados.
· Cun Título Profesional Básico
· Mediante un curso de acceso ou unha proba de acceso que só poderá realizarse a partir dos 17 anos ou se estes se cumpren nese ano natural de celebración da proba ou curso.
Titulación:
Ao finalizar a formación obtense o Título de Técnico que dá acceso directo aos ciclos formativos de grao superior.
Para obter o título de Bacharelato habería que superar a avaliación final de bacharelato , pola modalidade que se escolla.
FP GRAO SUPERIOR
Acceso: Para poder acceder a estes estudos o alumnado deberá cumprir algún dos seguintes requisitos:
· Ter o título de Bacharelato ou un certificado de superar todas as materias de 1º e 2º aínda que non se superou a proba
· Ter un Título de Técnico
· Mediante unha proba de acceso que só poderá realizarse a partir dos 19 anos ou se estes se cumpren nese ano natural de celebración da proba ou curso.
Titulación:
Ao finalizar a formación obtense o Título de Técnico superior, certificado homologable no mercado Europeo de traballo e que permitirá, previa superación dun proceso de admisión, o acceso aos estudos universitarios de grao. Ese proceso de admisión non se atopa aínda regulado.
Organización
Os estudos de formación profesional básica, media e superior teñen unha duración de dous cursos académicos que se corresponden aproximadamente cunhas 2000 horas totais, aínda que poden variar en función dos ciclos.
A formación é teórico-Práctica e ten un período obrigatorio de formación en centros de traballo. Este período varía tamén duns ciclos a outros e tamén é diferente nas diferentes etapas da Formación Profesional. Na FPB é aproximadamente de 6 semanas, na media e superior varía entre 3 e 6 meses dependendo dos ciclos.
Se queres saber máis sobre a organización da formación profesional podes irá páxina da Xunta de Galicia na que se aclaran as dúbidas máis frecuentes: Ir
Volver ao comezo de Oferta Educativa |
TITULO DE GRAO
Os plans de estudo conducentes á obtención do título de Graduado serán elaborados polas distintas universidades pero todos deberán cumprir as seguintes esixencias:
a) Artes e Humanidadesb) Cienciasc) Ciencias da Saúded) Ciencias Sociais e Xurídicase) Enxeñería e Arquitectura
2. Os plans de estudios terán un mínimo de 240 créditos dos que como mínimo 60 serán de formación básica vinculados á rama de coñecemento no que se encadre o título. Sendo o crédito unha unidade de medida equivalente, con crácter xeral, a dez horas lectivas. (Haberá excepcións con máis créditos coma mediciña ou arquitectura)
a) Artes e Humanidades (antropoloxía, arte, ética, expresión artística, filosofía, xeografía, historia, idioma moderno, lingua, lingua clásica, lingüística, literatura, socioloxía).b) Ciencias (bioloxía, física, xeoloxía, matemáticas, química).c) Ciencias da saúde (anatomía animal, anatomía humana, bioloxía, bioquímica, estatística, física, fisioloxía, psicoloxía).d) Ciencias sociais e xurídicas (antropoloxía, ciencia política, comunicación, dereito, economía, educación, empresa, estatística, xeografía, historia, psicoloxía, socioloxía).e) Enxeñería e Arquitectura (empresa, expresión gráfica, física, informática, matemáticas, química).
4. As materias propias de modalidade que son impartidas en 2º de bacharelato quedan adscritas ás mencionadas ramas de coñecemento do seguinte xeito:
a) Artes e HumanidadesDebuxo técnico II, Xeografía, Grego II. Historia da Arte. Latín II. Literatura universal.
b) Ciencias Sociais e XurídicasEconomía da empresa. Xeografía. Latín II. Literatura universal. Matemáticas aplicadas as Ciencias Sociais II.c) CienciasBioloxía. Ciencias da Terra e Medioambientais. Física. Matemáticas II. Química.d) Ciencias da SaúdeBioloxía. Ciencias da Terra e Medioambientais. Física. Matemáticas II.Química.e) Enxeñería e ArquitecturaCiencias da Terra e Medioambientais. Debuxo técnico II. Física. Matemáticas II. Química.
Os coeficientes a e b de ponderación da fase específica serán iguais a 0’1. As universidades poderán aumentar o seu valor ata 0’2 para aquelas materias que se consideren máis idóneas para seguir con éxito o Título de Grao ao que se opta. Debendo facer públicos os valores dos devanditos parámetros para as materias seleccionadas ao inicio do curso correspondente á proba.
Máster Universitario T pola Universidade U.
Consta de entre 60 e 120 créditos. Poderá acceder aquel alumnado que tiver unha titulación oficial de grao ou equivalente.
Doutor/a pola Universidade U.
Inclúe un período de formación, equivalente a un mestrado, e un período de investigación. É o máximo nivel académico.
Para finalizar, nas seguintes páxinas correspondentes aos tres campus do sistema universitario galego tes a descrición pormenorizada de cada un dos t´tulos de grao ou master que ofertan.
Titulacións da universidade de A Coruña: Ir
Titulacións da Universidade de Santiago: Ir
Titulacións da Universidade de Vigo: Ir
Volver ao comezo de Oferta Educativa |