Inicio > Departamento de Informática

Departamento de Informática

ACTIVIDADES NA CASA POLO PECHE DO INSTITUTO - T.I.C.
 
Profesor Francisco Vicente Rodríguez
 
 
 
 
 
 
Profesor Ignacio Ríos Suárez
 
    Empregaremos a nosa xa coñecida Aula Virtual ou Moodle http://www.iespugaramon.com/moodle/.
 

 

    Todos tedes os usuarios e contrasinais, pero por se vos falla a memoria lembrade que por defecto, os alumnos do I.E.S. Rafael Puga Ramón teñen como nome de usuario o nome completo, un punto e o primeiro apelido. Non poñemos nin acentos ortográficos nin a letra “ñ”, que a substituímos por “nh”. O contrasinal é o número de expediente, un número de cinco díxitos que está nos boletíns de notas.

    Exemplo: A alumna María de las Virtudes Barrañal Díaz con número de expediente 12345, tería como datos de acceso ao aula virtual:

    usuario: mariadelasvirtudes.barranhal

    contrasinal: 12345

 

    Exemplo 2: Domingo Domínguez Lunes con número de expediente 54321, tería como datos de acceso ao aula virtual:

    usuario: domingo.dominguez

    contrasinal: 54321


    Seguiremos ademais un control da asistencia.
 
    Deberedes conectarvos as horas da clase ou similares e ao final da clase cubrir o cuestionario do día cunha soa pregunta. Tras respondela e premer en “Guardar mi elección” o sistema rexistra a vosa asistencia.
 
 
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Benvid@ ó Departamento de Informática.

Neste novo curso veremos moitos aspectos da informática a nivel de usuario: sistemas operativos, máquinas virtuais, fotografía, son, vídeo, presentacións, web, seguridade, ...

O lugar de referencia para impartir a nosa materia será o aula de informática, onde dispoñemos dun ordenador por alumno cunha selección de software libre ou gratuíto no seu defecto, no cal os alumnos poderán desenrolar todos os contidos da materia. Outra das vantaxes é que poden levar eses programan nun dispositivo de almacenamento portátil e instalalos na súa casa sen problemas legais, e así darlle continuidade a todo o aprendido.

Entre outras particularidades, o noso aula dispón de modernos sistemas didácticos como por exemplo o noso taboleiro dixital, ou outras adaptacións mais sinxelas como o sistema de distribución de contidos por rede.

 Os equipos informáticos manteñen a configuración, o que permite o alumno realizar experiencias sen preocuparse de danar os equipos. Esta particularidade favorece o alumno que utiliza o ordenador, xa que non está preocupado por deteriorar o equipo; e ademais os que veñen despois xa que non perden rendemento nos equipos.

          Neste curso empregaremos o aula virtual do centro como páxina de referencia con contenidos teóricos, enlaces, foro, chat e a posibilidade de contactar cos teus compañeros e o profesor. Para acceder emprega o contrasinal que te dará o teu profesor.

            http://www.iespugaramon.com/moodle/