![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
||
Pasaxe segura para un refuxio seguro na U.E. #RefugeesWelcome Enfrontámonos á maior crise humanitaria e de refuxiados dende a II guerra mundial. Millóns de persoas foxen de situacións inimaxinables, de violencia e abusos dos dereitos humanos nos seus países de orixe. Esto é inadmisible.
|
INDIA: Condenadas a ser violadas e desfilar nuas. Unha moza de 23 anos e a súa irmá de 15 foron condenadas a ser violadas como castigo despois de que o seu irmán fuxira cunha muller casada. Protéxeas¡
|
Onde están as persoas desaparecidas presidente al-Assad? Ao redor de 85.000 persoas desa`pareceron en Syria nos últimos catro anos ás mans do goberno. Innumerables persoas foron torturadas e outras moitas morren en celas do país pola súa suposta oposición ao goberno. |
O departamento de filosofía da a benvida a todos os visitantes da nova web do instituto e moi especialmente aos nosos alumnos.Desexamos que esta sexa unha páxina aberta á vosa participación e colaboración, polo que estaremos sempre dispostos a incluír nela as vosas ideas, comentarios, traballos ou calquera suxestión que nos queirades facer.
A natureza das materias do noso Departamento esixe que nos impliquemos de xeito activo na loita pola non violencia e na defensa da dignidade dos homes. É por iso que o noso Seminario organiza cada curso os Días Internacionais dos Dereitos Humanos e da Paz e polo que comezamos esta páxina seleccionando algunhas das campañas que levan a cabo as diferentes ONGs, as cambiaremos periodicamente, e invitándoos a que participedes nelas.
Nada do que ocorre no mundo pode sernos alleo, temos a obriga de buscar solucións e para elo o primeiro paso é necesariamente o coñecemento dos problemas dos pobos e das vulneracións dos dereitos humanos que se están a facer cada día. Animámosvos a que entredes nas páxinas que aparecen nas ligazóns de interese deste departamento na súa sección dedicada aos Dereitos Humanos e que reflexionedes sobre o que cada un de nos pode facer. ¡Un mundo mellor é posible!
Materias do Departamento
Aínda que non vos atoparedes coa Filosofía ata o bacharelato, no que nos dous cursos é materia obrigatoria, temos ao noso cargo outras materias que pertencen á ESO: a Ética de 4º, materia obrigatoria para os alumnos deste curso, e as dúas optativas que se imparten en toda a ESO como alternativa á ensinanza de relixión: Educación en medios Audiovisuais e Valores Éticos. O departamento imparte tamén dúas optativas de bacharelato: Antropoloxía en 1º de bacharelato e Ética e Filosofía do Dereito en 2º. . Se desexades información sobre elas podedes entrar no apartado materias e picar sobre a correspondente.
Nas seccións de recursos docentes e de ligazóns de interese poñeremos aqueles recursos e páxinas que vos axuden dende o punto académico e aqueloutros que poidan ser de interese para a Educación en Valores