"As matemáticas son o alfabeto co que Deus escribiu o universo"
As matemáticas non serven para nada?
Benvidos ao Departamento de Matemáticas onde atoparedes diversas actividades que vos serán de utilidade para aprender matemáticas como: Podcast de matemáticas, link de páxinas especialistas de matemáticas, diccionario de matemáticas, vídeos de clases de matemáticas e actividades diversas que vos axudarán a repasar os temas vistos en clase.
A matemática é unha ferramenta que nos permite entender a forma na que está deseñado o universo e, co devandito coñecemento, resolver problemas, xa sexa na vida cotiá, nun ámbito académico ou científico .
O noso propósito fundamental é desenvolver a capacidade para pensar, razoar, comunicar, aplicar e valorar as relacións entre as ideas e os fenómenos reais. Así como, fomentar nocións e conceptos que vos sexan útiles para comprender a súa contorna e acceder a outras áreas do coñecemento e a actividade humana.
Benvidos, ao Departamento de Matemáticas
MÉTODOS ESTATÍSTICOS E NUMÉRICOS
Complementa o programa de matemáticas II e matemáticas CCSSII. Permite aos alumnos que cursan matemáticas II examinarse de matemáticas CCSSII nas ABAU. Axuda a obter a máxima cualificación de matemáticas nas ABAU.
Estúdase probabilidade, variables aleatorias discretas e continuas, inferencia estatística e programación lineal.
A metodoloxía de proxectos STEM permite ao alumno aplicar as matemáticas de forma tanxible en distintas áreas da enxeñería.
O que se pretende é que o alumno lle perda o medo as matemáticas, onde de xeito “insconsciente” faga uso delas. Así mesmo, queremos que se dea conta da importacia e relevancia que teñen en todos os aspectos da vida.
Simplemente: “as matemáticas poden ser divertidas”.