Inicio > Departamento de Física e Química

Departamento de Física e Química

BLOGUE "ATOMIC" PARA SECCIÓNS BILINGÜES

BLOGUE "FÍSICA E QUÍMICA"

    

 

                                                             

                                                         

BENVIDA

   As profesoras que formamos o departamento de Física e Química enviámosche un cordial saúdo e poñémonos ó teu dispor para todo o que precises.

    Encontrarémonos por primeira vez en 2º de E.S.O. e ao curso seguinte en Física e Química de 3º. A partir de aquí, se coincidimos en clase ou non dependerá de ti, xa que as nosas materias son optativas. Mais se che gusta a ciencia, buscar respostas para o que sucede ó teu redor e traballar con ganas, estamos seguras de que faremos boas migas.

AS NOSAS INSTALACIÓNS

    Dispoñemos de dous laboratorios onde podes comprobar experimentalmente os coñecementos teóricos que che expliquemos; para eso proporémosche unha serie de prácticas e antes do que pensas estarás  familiarizado co manexo dos aparellos que precises. Para ver as fotos dos laboratorios, visita o epígrafe instalacións na sección o noso centro.

COMO TRABALLAMOS

   Deixámosche en materias unha copia da programación de cada materia para que a poidas consultar sempre que queiras. Para aquelas cuestións comúns a tódalas materias (metodoloxía, sistema de avaliación...) deberás acceder aos recursos docentes xerais do departamento.

Tamén e posible que os recursos e actividades de cada grupo de clase estean na aula virtual (moodle) e, por tanto, non sexan actualizados nesta web

MATERIAS PENDENTES

   Por se algunha das nosas materias se che fai revirada de máis, e non consegues aprobala nin en Xuño nin en Setembro, podes consultar o calendario de exames de pendentes no taboleiro de anuncios. A medida que se vaian realizando os exames, poderás descargalos dende a sección da materia correspondente.