Inicio > Departamento de Tecnoloxía

Departamento de Tecnoloxía

 

 
BENVIDO
 
 

Ao departamento de tecnoloxía. Neste sitio poderás atopar toda a información relativa á docencia da mesma, incluídos o temario, a bibliografía, os guións de prácticas e proxectos, os exames, as notas, etc. Así mesmo, tamén che será posible pórche en contacto co profesor da materia para realizar todas as cuestións que desexes.
É posible que para poder acceder a algún dos contidos fágache falta unha contrasinal, que podes solicitarme en clase, ou ben pedir por correo, identificándoche co teu nome e apelidos e enviándome un e-mail aquí.
Para poder descomprimir os ficheiros é necesario facer uso do programa Winrar®, que podes descargarche gratuitamente aquí (elixir a versión Galician, que está en galego), tamén podedes usar o IZArc®.
Ademais, para poder ler todos os documentos, que están en formato PDF, necesitarás o programa Adobe Acrobat® que che podes baixar aquí.
 
Espero que todo o material séxavos de axuda.
 
Un cordial saúdo
Francisco Vicente Rodríguez, profesor da materia.
 
A NOSA AULA
 
 
Dispón de dúas zonas perfectamente diferenciadas. Nunha delas sitúanse todas as máquinas-ferramentas, e os equipos informáticos, que nos van a permitir a procura de información, elaboración e simulación dos distintos proxectos que se elaborarán ao longo do curso.
Na outra parte do aula impartiranse os distintos contidos da programación docente tanto de forma individual como colectiva mediante os distintos grupos de traballo.
 
 
MÉTODO DE TRABALLO
 
 
Consiste principalmente no dominio das distintas máquinas-ferramentas así como dos equipos informáticos para desenvolver  todos os apartados que levan a realización dos distintos proxectos.

Neste curso empregaremos o aula virtual do centro como páxina de referencia con contenidos teóricos, enlaces, foro, chat e a posibilidade de contactar cos teus compañeros e o profesor. Para acceder emprega o contrasinal que te dará o teu profesor.

            http://www.iespugaramon.com/moodle/