Inicio > Departamento de Xeografía e Historia

Departamento de Xeografía e Historia

 

 

           DEPARTAMENTO DE CIENCIAS SOCIAIS, XEOGRAFÍA E HISTORIA 

                                                                         BENVIDA

 

  Desde esta páxina principal do Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia queremos darvos unha cálida benvida e desexar que os contidos vos sexan de interese e utilidade.

O Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia imparte materias en todos os niveis do ensino (ESO e Bacharelato)

Na etapa da ESO é unha materia obrigatoria cunha carga lectiva de tres horas semanais en todos os niveis.

En Bacharelato é obrigatoria a Historia de España e Galicia en 2º curso en todos os itinerarios, mentres que a Xeografía e a Arte son obrigatorias dependendo dos itineraios escollidos. En 1º curso a Historia do Mundo Contemporáneo é materia obrigatoria nos itinerarios de Sociais e Humanidades.

As profesoras que formamos parte deste Departamento estamos na procura de utilizar todos os recursos posibles tentando facer os contidos dinámicos e atractivos para o noso alumnado. Deste xeito a informática, os medios audiovisuais e as actividades complementarias son ferramentas presentes no desenvolvemento da programación didáctica.