Inicio > Departamento de Física e Química

Departamento de Física e Química

BLOGUE "ATOMIC" PARA SECCIÓNS BILINGÜES

BLOGUE "FÍSICA E QUÍMICA"

    

 

                                                             

                                                         

BENVIDA

   As dúas profesoras que formamos o departamento de Física e Química enviámosche un cordial saúdo e poñémonos ó teu dispor para todo o que precises.

    Encontrarémonos por primeira vez en 2º de E.S.O., na materia de Ciencias Naturais e ao curso seguinte en Física e Química de 3º. A partir de aquí, se coincidimos en clase ou non dependerá de ti, xa que as nosas materias son optativas. Mais se che gusta a ciencia, buscar respostas para o que sucede ó teu redor e traballar con ganas, estamos seguras de que faremos boas migas.

AS NOSAS INSTALACIÓNS

    Dispoñemos de dous laboratorios onde podes comprobar experimentalmente os coñecementos teóricos que che expliquemos; para eso proporémosche unha serie de prácticas e antes do que pensas estarás  familiarizado co manexo dos aparellos que precises. Para ver as fotos dos laboratorios, visita o epígrafe instalacións na sección o noso centro.

COMO TRABALLAMOS

   Deixámosche en materias unha copia da programación de cada materia para que a poidas consultar sempre que queiras. Para aquelas cuestións comúns a tódalas materias (metodoloxía, sistema de avaliación...) deberás acceder aos recursos docentes xerais do departamento.

MATERIAS PENDENTES

   Por se algunha das nosas materias se che fai revirada de máis, e non consegues aprobala nin en Xuño nin en Setembro, podes consultar o calendario de exames de pendentes no taboleiro de anuncios. A medida que se vaian realizando os exames, poderás descargalos dende a sección da materia correspondente.