Inicio > Departamento de Informática

Departamento de Informática

Benvid@ ó Departamento de Informática.

Neste novo curso veremos moitos aspectos da informática a nivel de usuario: sistemas operativos, máquinas virtuais, fotografía, son, vídeo, presentacións, web, seguridade, ...

O lugar de referencia para impartir a nosa materia será o aula de informática, onde dispoñemos dun ordenador por alumno cunha selección de software libre ou gratuíto no seu defecto, no cal os alumnos poderán desenrolar todos os contidos da materia. Outra das vantaxes é que poden levar eses programan nun dispositivo de almacenamento portátil e instalalos na súa casa sen problemas legais, e así darlle continuidade a todo o aprendido.

Entre outras particularidades, o noso aula dispón de modernos sistemas didácticos como por exemplo o noso taboleiro dixital, ou outras adaptacións mais sinxelas como o sistema de distribución de contidos por rede.

 Os equipos informáticos manteñen a configuración, o que permite o alumno realizar experiencias sen preocuparse de danar os equipos. Esta particularidade favorece o alumno que utiliza o ordenador, xa que non está preocupado por deteriorar o equipo; e ademais os que veñen despois xa que non perden rendemento nos equipos.

          Neste curso empregaremos o aula virtual do centro como páxina de referencia con contenidos teóricos, enlaces, foro, chat e a posibilidade de contactar cos teus compañeros e o profesor. Para acceder emprega o contrasinal que te dará o teu profesor.

            http://www.iespugaramon.com/moodle/