Inicio > Departamento de Matemáticas

Departamento de Matemáticas

 

        

 

    "As matemáticas  son o alfabeto

co que Deus escribiu o universo"

Galileo-Galilei

Benvida

O Departamento de matemáticas quere darvos a benvida a esta web, esperando que saibades comprender que esta é a nosa primeira andadura no mundo das novas tecnoloxías polo que tardaremos un tempo en que a páxina teña a configuración e recursos que vos merecedes.

A nosa intención é que esta sexa unha empresa común, feita por alumnos e profesores, polo que agradecemos as colaboracións ou suxestións que nos queirades facer. Se coñecedes ligazóns atractivas, concursos, exposicións, problemas de enxeño ou noticias en relación coas matemáticas que consideredes interesantes, podedes facérnolas chegar a través de calquera profesor do departamento.

A continuación imos explicarvos como está organizada a páxina do noso departamento.

Taboleiro de anuncios

No taboleiro  trataremos de poñer, ademais das informacións relativas ás materias, o calendario de exames tanto dos cursos coma de pendentes e aquelas novas que, relacionadas coas matemáticas, poidan resultarvos interesantes.

 Ligazóns de interese

Neste apartado, distribuído por categorías, tedes moitas páxinas Web de matemáticas que se adaptan ás diferentes características do alumnado: xogos, maxia, acertixos, apuntes, cousas curiosas, exercicios interactivos, etc. polo que a través delas  podedes aprender, xogar, reforzar os vosos coñecementos ou saciar a vosa curiosidade.

 Recursos docentes

Aquí tentaremos de incluír todo o que vos poida axudar a afrontar con éxito as materias, engadindo actividades interactivas e exercicios de reforzo. Este apartado é difícil de facer, non desesperedes,os recursos irán aparecendo pouco a pouco.

 Materias

Se picades en materia podedes ver a programación e os recursos docentes asociados ao curso concreto no que estades matriculados.

 Actividades

Para finalizar, dentro de actividades ademais de facer referencia ás programadas polo departamento, subiremos as fotos despois de realizalas para que poidades quedarvos cun recordo das mesmas.

Quedamos á espera das vosas contribucións para iso utiliza o caixa de suxestións. De antemán o noso agradecemento e a esperanza de que esta páxina poida servos útil.
  

Para ver as programacións e algún recurso necesitades ter instalado o Adobe Reader e un descompresor, podedes baixalos dende: