Inicio > Departamento de Educación Física

Departamento de Educación Física

 

DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA.

BIENVENIDA
 
 

  Desde esta páxina principal do departamento de Educación física queremos darvos a benvida e desexarvos que os contidos sexan de interese e utilidade.
 
O departamento de Educación Física imparten materia en todos os niveis de ensino secundario obrigatorio, e ademáis no primeiro curso do bacharelato. 
Nestas etapas  é unha materia obrigatoria cunha carga lectiva de duas horas semanais en todos os niveis. No bacharelato é só obrigatoria no 1º curso, lamentamos que no 2º no no sexa, xa que considerámola sumamente importante no desenrolo das capacidades físicas, técnicas, psicomotoras e sobre todo o afianzamento da saúde.
 
Quizais nalgún momento dalgunha lei de educación alguén considere estes beneficios e pode facer algo sobre iso. O profesorado que forma este departamento estamos na procura de facer os contidos dinámicos e atractivos para os nosos alumnos/nas.
 
  Deste xeito a informática, as actividades extraescolares o material deportivo e fundamentalmente o movemento son ferramentas presentes no desenvolvemento da programación didáctica.
Queremos destacar que o noso maior desexo é que os alumnos e as alumnas alcancen a competencia motriz, entendida como un conxunto de coñecementos, procedementos, actitudes e emocións que interveñen nas multiples interaccións que realiza unha persoa no seu medio e coas demáis, que permite que o alumnado supere os problemas motores propostos tanto nas sesións de Educación Física como na súa vida cotiá.