Inicio > Departamento de Clásicas

Departamento de Clásicas

 
         

 SALUTATIONES

Ave, discipuli !, a vosa magistra saúdavos. Este departamento , é decir, Angeli Agnus Lasus,Angeles Borrego Laso, imparte tres asignaturas: Cultura Clásica, Latín e Grego. Fágovos unha pequena reseña dos seus contidos.  

Cultura Clásica, significa cultivo dos modelos grecolatinos, é unha materia que nos introduce no mundo grecorromano, no mundo que puxo as bases da nosa cultura occidental, é decir, da nosa forma de vivir, modus vivendi,  da nosa forma de facer: costumes, institucións, escritura, arte, literatura, arquitectura, et cetera, e o demáis. A medida que avanzas no estudio das distintas materias, atopas palabras novas que abarcan os coñecementos científicos, técnicos e humanísticos que vas adquirindo. A maioría delas teñen a súa orixe en palabras gregas ou latinas. Polo tanto, é convinte que aprendas a recoñecer certas raíces clásicas que son como instrumentos de comprensión da linguaxe e que che suporán unha gran economía no esforzo de aprendizaxe.

LATIN, lingua orixinada na rexión do Latium, hoxe Lacio, con capital en Roma, que foi extendéndose por toda Europa a medida que foi avanzando a conquista romana. Equiparable ao que ocurre hoxe có inglés e se convirtíu no veículo de expresión de todos os saberes.
Desta lingua latina proceden moitas das linguas que hoxe falamos en Europa, verbi gratia castelán, galego, portugués, francés, italiano, rumano…
Desta lingua conservamos un sinnúmero de ditos e expresións: currículum, referéndum, ultimátum, aula magna, honoris causa, cum laude, ipso facto.
O estudio do latin  proporcionanos un coñecemento maior do noso proprio vocabulario, da nosa sintaxe, da nosa literatura e nunha palabra, da nosa propria lingua.
O latin é fonte dun humanismo clásico. Segundo un pensador do noso tempo hai que cultivar estes estudios “no sea que los hombres vivan una existencia fría, dura como las máquinas que ellos fabrican”
GREGO, os gregos crearon a maior parte dos xéneros literarios, dos cánones artísticos e dos sistemas filosóficos de pensamento; sentaron as bases da Ciencia e da Mediciña; idearon un sistema moral dentro das diversas órdenes políticas, etc., en suma, estableceron os cementos do que hoxe se denomina o mundo occidental.
 Coñecer a lingua grega significa apreciar o bó e o belo, caligrafía, ortografía, o ser humán, antropoloxía… cada vez que nace un novo concepto  búscanse os elementos gregos que o expresen: democracia, ecoloxía, ortodoncia, megabyte...
Esta páxina está en proceso de elaboración e polo tanto os materiais dos que dispón son máis ben poucos. En futuros días poderás dispor de novos contidos, recursos e exercicios variados que che serán moi útiles para completar a túa formación e aprendizaxe destas materias.