Inicio > Departamento de Música

Departamento de Música

 

 

A MÚSICA PODE CAMBIAR O MUNDO PORQUE PODE CAMBIAR ÁS PERSOAS.

Bono, líder da banda U2.

 


 

BENVIDOS E BENVIDAS AO DEPARTAMENTO DE MÚSICA.

 

 

 Cal é a música que máis che gusta escoitar?

Beethoven ou Rosalía?

ACDC ou Verdi?

Harry Stiles ou Luar na Lubre?

Michael Jackson ou Manuel de Falla?   

 

 

 

Sexan os que sexan os teus propios ´"clásicos", na aula de música aprenderás as claves para coñecelos, comprendelos e interpretalos. A nosa aula dispón de recursos, que cada ano imos mellorando, para favorecer unha metodoloxía baseada na experimentación práctica, na que o fin último é que ti poidas ser "ACTOR MUSICAL" capaz de expresarte a través da música según os teus intereses e posibilidades.

CREAR, ESCOITAR, COÑECER, INTERPRETAR E COMPARTIR son os pilares nos que se basa o ensino dunha materia fundamental en todos os aspectos das nosas vidas.

 

 

        

 

 

       

 

 

                                                                                  

  

No apartado Actividades>Próximas actividades, podes ver algunhas das actividades máis recentes.
   

  Esta asignatura é obrigatoria en 2º e 3º da ESO con dúas sesións semanais e podes seguir en 4º da ESO con tres sesións semanais.

 

Tanto se estás matriculado como se non, podes participar nos Obradoiros Musicais nos que procuramos facer grupos para interpretar repertorio de diferentes estilos.