BENVIDA
As profesoras que formamos o departamento de Física e Química enviámosche un cordial saúdo e poñémonos ó teu dispor para todo o que precises.
Encontrarémonos por primeira vez en 2º de E.S.O. e ao curso seguinte en Física e Química de 3º. A partir de aquí, se coincidimos en clase ou non dependerá de ti, xa que as nosas materias son optativas. Mais se che gusta a ciencia, buscar respostas para o que sucede ó teu redor e traballar con ganas, estamos seguras de que faremos boas migas.
AS NOSAS INSTALACIÓNS
Dispoñemos de dous laboratorios onde podes comprobar experimentalmente os coñecementos teóricos que che expliquemos; para eso proporémosche unha serie de prácticas e antes do que pensas estarás familiarizado co manexo dos aparellos que precises. Para ver as fotos dos laboratorios, visita o epígrafe instalacións na sección o noso centro.
COMO TRABALLAMOS
Deixámosche en recursos docentes xerais do departamento.unha copia da programación do noso departamento para que a poidas consultar sempre que queiras.
Non esquezas consultar a aula virtual (Moodle) para acceder a todos os recursos docentes de cada materia.