do Instituto R. Puga Ramón
Tlfno: 618643137
Asociación de Nais, Pais e Titores do IES Puga Ramón.
¿Quén é? ..... ¿Quén a forma?
A ANPA do Puga, como a coñecemos, é a asociación das Nais, Pais e Titores dos alumno/as actuais do Instituto. Está formada por nós mesmos. Non ten ánimo de lucro, unicamente busca a mellora, e a participación social, da educación dos nosos fillos e fillas. Ningún dos Membros da ANPA recibe ningún tipo de remuneración e a colaboración é voluntaria. Xa sabemos que isto é -hoxe en día- extraño. Sen a participación dos NPais a educación estaría dirixida e controlada polas administraccións públicas e organizacións lucrativas e, xeneralmente, relixiosas, sen que as nais e pais tiveran nada que opinar e decidir; por iso é necesaria a participación de todos.
No curso que empeza, este pequeno grupo de nais e pais que formamos a ANPA, temos previsto realizar un CONTROL da ENSINANZA e do FUNCIONAMENTO DO CENTRO , a traveso da presencia das nais e pais no Instituto e as posibilidades que otorga o Consello Escolar.
10 Razóns para afiliarse a unha A.N.P.A.:
Porque é a nosa responsabilidade educar aos nosos fillos e as nosas fillas; da nosa actitude dependerá en boa parte o seu futuro.
Pola necesidade de estar xuntos a hora de reivindicar aspectos que nos axuden a mellorar a ensinanza pública.
Porque un movemento de pais e nais xuntos fan que as nosas iniciativas e peticións sexan vistas con mais respecto polo profesorado e as administracións públicas.
Porque existe un marco legal onde se ampara o noso dereito a participar na vida escolar do centro.
Pola importancia de “levar” ós Consellos Escolares as iniciativas de nais e pais para defender os intereses de todos.
Porque se os pais e nais non somos capaces de mobilizarnos pola educación dos nosos fillos......Por quen o faremos?
Porque se as nais e pais non somos activos e participativos.. ¿Cómo explicar as nosas fillas e fillos que teñen que ser persoas implicadas nunha sociedade onde poidan expresarse, participar e corresponsabilizarse no seu propio futuro.
Porque para realizar a formación activa de pais e nais é necesario unir esforzos e ideas.
Porque as ANPAS deben traballar pola integración no seu entorno, facendo uso das instalacións do Centro Educativo.
De seguro que ti tes moitas mais razóns!
Non deixes a educación dos teus fillos noutras mans.
Participa con nos na defensa da EDUCACIÓN PÚBLICA e o control da ensinanza.
Federación de ANPAS de Galicia.
Cumprimenta a folla de inscrición e entrégaa na oficina ou buzón da Asociación de nais e pais do Instituto.