Inicio > Actividades realizadas  > Generales
Nota: para ver las actividades específicas de los departamentos, vaya a la página del departamento correspondiente

Actividades realizadas

Corredor Yolanda Castaño

Este curso decidimos homenaxear a Yolanda Castaño, exalumna do centro, nomeando un dos corredores co seu nome.
II torneo de xadrez

Un ano máis desputouse na Biblioteca o torneo de xadrez organizado por Manuel (profesor de matemáticas). Este gañou, por segundo ano consecutivo, Oliver e a subcampeona foi Martina. Parabéns aos dous!
Reunión informativa pais/nais 3º ESO o vindeiro xoves 18 de xaneiro ás 18:30 h. no salón de actos.

O noso centro participará a partir do curso 23/24 nun programa denominado YAM dirixido á mocidade entre 13 e 17 anos no que se debate sobre promoción da saúde mental e prevención de suicidio nas escolas O noso centro foi seleccionado ao azar como centro control neste curso 23/24 de 3º da ESO. Consistirá en facer na aula uns test anónimos online de forma individual, antes de comezar a intervención co YAM un ano despois. O alumnado que participe este ano como control poderá recibir, se así o desexa, o adestramento con YAM o próximo curso 24-25 en 4º ESO. Co fin de explicarlles o programa e as posibles dúbidas que poidan ter convócaselles a unha reunión informativa o vindeiro xoves 18 de xaneiro ás 18:30 h. no salón de actos. Queremos agradecer de antemán a colaboración de toda a comunidade educativa nesta iniciativa que pretende dar ao noso alumnado ferramentas que vaian mais aló do académico. Un saúdo
XORNADA PORTAS ABERTAS

XORNADA PORTAS ABERTAS
¿Dónde se escondió Tintín?

O Departamento de Francés di que está no noso insti, pois teremos que atopalo. A buscar e sorte!
Páginas:  1  2 ... 75  >