Inicio Actividades realizadas
Generales
Nota: para ver las actividades específicas de los departamentos, vaya a la página del departamento correspondiente
Actividades realizadas
Corredor Yolanda CastañoEste curso decidimos homenaxear a Yolanda Castaño, exalumna do centro, nomeando un dos corredores co seu nome. II torneo de xadrezUn ano máis desputouse na Biblioteca o torneo de xadrez organizado por Manuel (profesor de matemáticas). Este gañou, por segundo ano consecutivo, Oliver e a subcampeona foi Martina.
Parabéns aos dous! Reunión informativa pais/nais 3º ESO o vindeiro xoves 18 de xaneiro ás 18:30 h. no salón de actos.O noso centro participará a partir do curso 23/24 nun programa denominado YAM dirixido á mocidade entre 13 e 17 anos no que se debate sobre promoción da saúde mental e prevención de suicidio nas escolas
O noso centro foi seleccionado ao azar como centro control neste curso 23/24 de 3º da ESO.
Consistirá en facer na aula uns test anónimos online de forma individual, antes de comezar a intervención co YAM un ano despois.
O alumnado que participe este ano como control poderá recibir, se así o desexa, o adestramento con YAM o próximo curso 24-25 en 4º ESO. Co fin de explicarlles o programa e as posibles dúbidas que poidan ter convócaselles a unha reunión informativa o vindeiro xoves 18 de xaneiro ás 18:30 h. no salón de actos.
Queremos agradecer de antemán a colaboración de toda a comunidade educativa nesta iniciativa que pretende dar ao noso alumnado ferramentas que vaian mais aló do académico.
Un saúdo